18 de out. de 2018

BUXÁN (A GUARDA)

Destacados cociñeiros galegos ensinan a elaborar pratos económicos, sans e solidarios  

Un dos cociñeiros que participa nesta iniciativa
Foto: C.A.G.
Infogauda / Buxán

 As escolas da Avenida de San Lourenzo, no barrio de Buxán (Salcidos) A Guarda, acollen unha serie de sesións formativas sobre gastronomía dirixidas ás familias beneficiarias dos Servizos Sociais e do programa de Educación Familiar do Concello da Guarda e da Asociación Conrazones, nas que participan diversos e recoñecidos cociñeiros de toda a xeografía galega, amosando o seu bo facer nos fogóns e empregando moitos trucos e recomendacións de interese.  


 Trátase de varias clases nas que os cociñeiros axudan a estas familias a sacarlle o máximo partido aos alimentos, tendo en conta o aporte enerxético e calórico para preparar pratos saudables e ademais empregando alimentos das hortas solidarias de Conrazones, cultivados moitas veces por eles mesmos na Guarda.  

 Estas accións están encamiñadas a que estas familias acaden unha dieta saudable e que a mesma sexa o máis económica e co menor número de recursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario