18 de out. de 2018

A GUARDA

CULTURA

«Chola a it girl» 

A mecánica, blogueira e youtuber chega o Centro Cultural, o venres día 26 de outubro ás 21:00 horas


Infogauda / A Guarda

 O Centro Cultural da Guarda acollerá o venres día 26 de outubro ás 21:00 horas, a representación do espectáculo teatral «Chola it a girl» da compañía de teatro ArtesaCía, co elenco de Laura Villaverde.  

 Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do súa moto transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos. Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de video cartografía desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose de música. Cando parece que o show envolve a escena,  pero unha chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un gran conflito.   


 A través dun diálogo, Chola deixa entrever ó público un outro traballo non tan glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de ser moza con inxenio, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto o tempo e a sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza, e personalidade, pero tamén, pola súa busca incansable de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actuais do que debería ser unha muller tendencia.    

 Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta representación teatral, recordando que é preciso retirar as entradas con antelación a partir do sábado 20 de outubro no Centro Cultural da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario