Feira do Emprego e Formación Tecnoimaxín
· Unha Feira de Empresas porá este sábado o broche final a este destacado evento
Susana Rodríguez
Infogauda / A Guarda
Na derradeira xornada da Feira do Emprego e Formación Tecnoimaxín, a Casa dos Alonso acollerá este sábado día 27 de outubro unha Feira de Empresas da comarca cun rasgo innovador, presentada pola coach e psicóloga social Susana Rodríguez.
Nesta edición contarase coa participación de empresas e empresarios da comarca coma Imersys Ceramics, Bonos Bienestar, Coballes, Fernando Coello, Alicerce, Comunica e Randstad.
María Caeiro
Ademáis desta Feira de Empresas, aberta a todo o público entre as 10:00 e as 14:00 horas na Casa dos Alonso, tamén realizarase unha charla sobre «Nova perspectiva nos Recursos Humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica» a cargo de María Caeiro, conselleira delegada do Grupo Caeiro, que porá o broche final a esta edición de Tecnoimaxín.
Na xornada deste sábado pola mañá, o grupo Randstad, empresa líder en traballo temporal e recursos humanos, realizará unha recollida de currículos para as súas bases de datos para posibles vacantes nos diferentes postos que ofertan na actualidade.
A Feira do Emprego e Formación Tecnoimaxín chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.
Como xa informamos neste xornal dixital transfronteirizo, o proxecto conta cunha páxina web na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario