15 de maio de 2026

A GUARDA

CONVOCATORIA Á ASEMBLEA XERAL ORINARIA DE SOCIOS DA ASOCIACIÓN S. XEROME EMILIANI

Que se celebrará, o venres día 29 de maio de 2026, ás 17:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 17:30 horas, na sede da asociación



Infogauda/A Guarda

 José Emilio Álvarez Pena, presidente da xunta directiva da Asociación San Xerome Emiliani, vén de facer pública a convocatoria da xunta xeral ordinaria que de acordo co previsto no artigo 18º dos estatutos da asociación, en relación ao artigo 17º, a xunta directiva convoca a todas as persoas asociadas a devandita asemblea que se celebrará no local da asociación, sito na rúa Galicia, nº 23, en A Guarda (Pontevedra), o venres día 29 de maio de 2026, ás 17:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 17:30 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea xeral de 2025.

2. Lectura, exame e aprobación, se procede, das contas de 2025.

3. Lectura, exame e aprobación, se procede, do orzamento de 2026.

4. Memoria de actividades de 2025.

5. Rogos e preguntas.

 Dereito de información

 Na devandita comunicación faise constar o dereito que asiste as persoas asociadas, a partir da presente convocatoria, a solicitar e obter, da asociación, previa cita e de forma inmediata e gratuíta, información relacionadas cos asuntos a tratar.

 Todas as persoas asociadas deberán acudir a asemblea debidamente acreditadas (DNI).

 Cada persoa asociada é quen de asegurarse de ter actualizados os seus datos como socio e pago do último recibo en tempo e forma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario