27 de set. de 2018

A GUARDA

FINCA DE FÍNOLA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU ALEGACIONS 

"(...) Dende o Equipo de Goberno hai moita preocupación en comprar (malgastar) máis de 200.000 euros, nunha parcela que nos sairía gratís, no desenrrolo do PERI-5 (...)"

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, xoves 27 de setembro de 2018, vimos de recibir na Redacción de Infogauda copia do escrito de alegacions  presentadas por Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, sobor da compra da Fínca de Fínola, por parte do Concello guardés.

 Como xa informamos, mañá venres día 28 de setembro, terá lugar unha sesión do Concello Pleno, en cuxo orde do día, no punto 7º, figura o asunto da compra da chamada Finca de Fínola.

 Segundo ás previsións as que tivemos acceso, "(....) estas alegacións van a ser inadmitidas polo Grupo de Goberno apoiadas polo P.P. e a concelleira non adscrita".

 De seguido reproducimos íntegramente o contido das alegacions presentadas polo concelleiro Celso R. Fariñas:

 Trala publicación no B.O.P. nº 155 do 13 de agosto do 2018 no que se inserta o anuncio da APROBACIÓN DO EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO 1950/2018 DE CREDITO EXTRAORDINARIO PARA A ADQUISICIÓN DA PARCELA COÑECIDA COMO “FÍNOLA”. 

 Que o Pleno Ordinario na sesión do 30 de xullo de 2018, aprobou inicialmente o Expediente Administrativo 1950/2018 sinalado anteriormente. 

 En tempo e forma, veño a presentar este escrito, xa que considero que dita adquisición e gravemente perxudicial para os intereses do pobo de A Guarda, pasando a formular as seguintes alegacións: 

 Dita compra é un dispendio de diñeiro, xa que, o desenrrolo do PERI -5 daríalle o Concello de A Guarda, a posibilidade de obter de forma gratuía, zonas verdes nunha superficie superior a cinco mil metros cadrados, que permitirían non só a continuidade da alameda xa existente o outro lado da rúa Rosalía de Castro, senón tamén o saneamento e a ordenación do resto do entorno ca apertura de novos viais, áreas peonís, zonas de aparcamento, etc. 

 A superficie destinada a zonas verdes está chamada a ser, polo séu tamaño e ubicación non só un simple axardinamento localizado, senón máis ben unha zoa de esparcimento para toda a poboación do núcleo central de A Guarda. Ademais, ditas zonas verdes terán continuidade ca alameda actual, co Centro Cultural  e ca subida o santa Trega, integrando así todo o entorno dún ámbito que na actualidade se atopa interrumplido e falto do ordenamento que se pretende co desemrrolo do PERI. 

 Dadas as dimensións das zonas para espacios libres que se obteñen con desenrrolo deste Plan Especial, o Concello de A Guarda tería sempre a opción de uso do subsolo das mesmas para crear  grandes áreas de aparcamento público, das que se atopa moi necesitada esta parte do casco urbán. (en negrilla e subraiado, está escrito na páxina 45 do Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) nº 113 do martes 12 de xuño do 2007. 

 Polo tanto, dende o Equipo de Goberno hai moita preocupación en comprar (malgastar) máis de 200.000 euros, nunha parcela que nos sairía gratís, no desenrrolo do PERI-5, e ademais:  

· Cesión gratuíta.

·Exenta de pago de gastos de urbanización e indemnizacións.

· Libre de carga por ministerio de Lei (viales, obras).

·10% de aproveitamento lucrativo.

 Todo o anterior desaparece o ser adquirida dita finca polo Concello, xa que: 

1º).- O Concello pasa a ten un aproveitamento urbanístico, ASIGNADO NO PROXECTO DE COMPENSACIÓN QUE SE MATERIALIZARÁ O MÁIS PRÓXIMO A PARCELA QUE SE PRETENDE ADQUIRIR DENTRO DO ÁMBITO DO PERI DIMANANTE DUN REPARTO PROPORCIONAL E EQUITATIVO DE BENEFICIOS E CARGAS.   

2º).- O Concello ten que contribuir nos gastos de urbanización o ser propietario percibindo unha parcela “verde” que xa tiña POR LEY. ¿¿Cal é o negocio?? 

3º.- O Concello se converte nunha “axencia inmobiliaria”. Polo ante dito, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar estas alegacións, que o noso entender, reflexan que a adquisición por parte do Concello,  é gravemente perxudicial aos intereses do noso pobo.  

A Guarda a 31de agosto do 2018        

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario