15 de set. de 2018

A GUARDA

O proxecto «A Guarda, mar de sal» será presentado na Casa dos Alonso

· O vindeiro luns día 17 de setembro ás 12:30 h., na Casa dos Alonso

Na imaxe de arquivo, área da intervención arqueolóxica desenvolvida en agosto de 2015 nas salinas romanas do Seixal, no litoral de A Guarda
Foto: C.A.G.

 Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda dan conta que o vindeiro luns día 17 de setembro ás 12:30 h., na Casa dos Alonso, realizarase a presentación do proxecto «A Guarda, mar de sal», para a excavación arqueolóxica en área e sondaxe avaliativa nas salinas do Seixal, e limpeza de vexetación nas salinas das Lagoas, en Camposancos, no termo municipal da Guarda. 

 Intervirán: Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto; Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda; e Mar Corpegoso, directora das excavacións.

 Compre relembrar, a fin de evitar erros, que unha vez publicados poden fixarse como verdades, que á primeira referencia verbal - da que nós temos constancia - da existencia de salinas no litoral de A Guarda, e máis concretamente na zoa da Lamosa, débese a José Antonio Español Gil, veciño do barrio Castiñeira (O Castro). El foi, que nós saibamos, a primeira persoa que deu conta do achádego, na devandita zoa, dunhas estructuras que poderían tratarse de salinas romanas. A continuación varias persoas da Agrupación Cultural Guardesa - da que José Antonio Español Gil formaba parte - e membros da Agrupación Democrática Guardesa, procedemos a limpeza dunha pequena cuadrícula de terreo, onde se constatou a presenza dun tramo rectilíneo de pedra, a pouca distancia do litoral, ainda que alonxado da zoa de influenza das mareas, delimitando un enlousado irregular sobor do cal había restos de un pavimento a base de argamasa compactada, muretes separadores, diversos restos líticos de pequeno tamaño, lascas de cuarcita, puntas de cuarzo blanco,..., anacos de cerámica, etc., do cal este cronista informou puntualmente por vía epistolar a Alfredo García Alén, daquela secretario do Museo de Pontevedra, alá polo ano 1980.

 O achádego produciuse circunstancialmente, debido a que unha marusía chegou ata esa zoa, levantando a capa vexetal, e a terra que cubría ese complexo salineiro.

 Por outra parte, en diversas prospeccións - de visu - posteriores, pudemos comprobar en varios lugares da costa guardesa a presenza de tramos con estructuras semellantes, a carón de rochas situadas fora da zoa de influenza das mareas.


Pías salineiras exentas, preto do Sollás e Porto Santo (Camposancos), A Guarda

Fotos: Infogauda

 Ademáis desas salinas o longo da costa de A Guarda temos localizado varias pías salineiras rupestres, unhas exentas e outras non, constatando, polo de agora, que a maior concentración atópamola na zoa de Punta dos Picos (Camposancos), si ben todas elas de pequenas dimensions. As pías salineiras, exentas, de maior tamaño, témolas localizadas preto de Porto Santo e do Sollás, tamén en Camposancos (A Guarda).

 Todo ese patrimonio dános unha idea da potencia que outrora tivo esta zoa na industria da producción de sal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario