15 de set. de 2018

A GUARDA

UNS VINTE PEREGRINOS IRLANDESES ESTÁN FACENDO O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA EN BICICLETA

· Aproveitaron o Sendeiro Azul que úne á Praia do Forte - ou do Muiño - co porto de A Guarda



Uns vinte peregrinos irlandeses, que están facendo o Camiño Portugués pola Costa, aproveitaron o sendeiro Azul que úne a Praia do Forte- coñecida internacionalmente como Praia do Muiño -, en Camposancos, co porto de A Guarda
Fotos: Florentina Andrés Álvarez


Infogauda / A Guarda

 Que o Camiño Portugués pola Costa é a ruta xacobea revelación está fora de toda dúbida. Os datos oficiais así o confirman, e ademáis, todos podemos constatar como A Guarda está recibindo tódolos días a chegada de peregrinos que procedentes de Portugal cruzan o río no ferri boat "Santa Rita de Cássia", ou nas barcas-taxi que fan o servizo entre Caminha (Portugal) e A Pasaxe (Camposancos). A maioría fánno a pé, pero tamén son moitos os que adoitan vir en bicicleta, un medio de transporte ecolóxico e saudable, que lles permiten facer diariamente distancias superiores, con un menor desgaste físico. 

 Sen ir máis lonxe, este mesmo venres, uns vinte peregrinos irlandeses, que están facendo o Camiño Portugués pola Costa, aproveitaron o sendeiro Azul que úne a Praia do Forte- coñecida internacionalmente como Praia do Muiño -, en Camposancos, co porto de A Guarda. Dese xeito, disfrutaron da beleza dunhas paisaxes únicas, tendo con telón de fondo a maxestuosidade do Océano Atlántico - o noso mar -, e como contraste, a suxerente silueta do Monte Santa Trega, o pintoresco porto pesqueiro, o colorista barrio de pescadores, a dinámica vila, a nosa saborosa gastronomía,... É decir, todo un mundo de razóns para disfrutar na Guarda e celebrar que o Camiño Portugués pola Costa ten cada día máis pegadas, porque son moitos os seus adeptos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario