24 de set. de 2018

A GUARDA

CULTURA MARÍTIMA

"MARCAS DOS MARIÑEIROS DE PÓVOA DE VARZIM E A GUARDA": IDÉNTICAS SINAIS DE IDENTIDADE

· A exposición pode visitarse ata o día 8 de outubro na Casa dos Alonso

Participantes no acto de inauguración da exposición 
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O sábado día 22 de setembro foi unha data gratificante no máis amplo senso da expresión. Como xa informamos, a Lancha Poveira do Alto "Fé en Deus" arribou outravolta o porto de A Guarda e dentro da sinxeleza do acto, o recibimento a tripulación quedará para sempre na lembranza de todos, poveiros e guardeses.

 Máis a xornada deu máis de sí, xa que pouco despois das 19:00 horas, tivo lugar na Casa dos Alonso, un acto previo a inauguración da exposición "Marcas dos mariñeiros de Póvoa de Varzim e de A Guarda", que con anterioridade e ata o día 16 deste mes, había estado patente no Museo de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim. 

 O devandito acto previo á inauguración, contou coa participación do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; o vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, Luis Diamantino Carvalho Batista; a directora do Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, Deolinda Carneiro; o secretario da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, Celso R. Fariñas, e o presidente co-fundador da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), Agustín Ferreira Lorenzo. 

 Asemade estiveron presentes o 1º tenente de alcalde Miguel Ángel Español Otero; as concelleiras de Turismo, Cultura e Servizos Sociais, Montserrat Magallanes Álvarez, Mª Elena Baz Rodríguez e Mª Teresa Vicente Baz, respectivamente, así como o concelleiro de Patrimonio Manuel Javier Crespo González, e outros membros da Corporación Municipal; membros da xunta directiva de Piueiro, veciños de Póvoa de Varzim -  entre eles os 17 tripulantes da Lancha Poveira do Alto "Fe em Deus" -, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Ourense,...

 Logo das diferentes intervencións do alcalde de A Guarda e do vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, que coincidiron en rememorar os vencellos de relación de amizade entre Póvoa de Varzim e A Guarda, intervirían Celso R. Fariñas e Deolinda Carneiro, respectivamente, que destacaron, a colaboura entre o Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim e a Asociación Cultural de Eembarcacions Tradicionais Piueiro.

 Como correspondía nesta oportunidade, o secretario de Piueiro, salientou o agradecemento por toda a colaboura recibida, tanto dos vereadores da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim como do persoal do Museo Municipal de Etnografía e Historia desa cidade, e afirmou que todas estas actividades se enmarcan nos actos previos o XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia que se celebrará na Guarda, do 11 o 14 de xullo de 2019. 

 Compre salientar que logo da súa emotiva intervención, o representante da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, fíxolles entrega o alcalde de alcalde e o secretario de Piueiro, respectivamente dunhas figuras representativas das pescadeiras - como así se denominan ás mulleres poveiras vendedoras de peixe - de Póvoa de Varzim.

 Logo desas intervencións, faría uso da palabra Agustín Ferreira Lorenzo, quen dun xeito moi sinxelo, e a súa vez didáctico, falou da orixe - Escandinavia - das marcas dos pescadores, así como da labor divulgativa desenvolvida polo Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, así como das achegas dos investigadores Eliseo Alonso Rodríguez, Ricardo Rodríguez Vicente e Antonio Ferreira Lorenzo, e por suposto da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), o que permitiu recoller máis de 400 marcas de mariñeiros guardeses, moitas das cales grazas a colaboura de moitos particulares, están rexistradas cos correspondentes nomes dos seus usuarios.

 Agustín Ferreira Lorenzo tamén evocou o investigador António de Santos Graça, autor - entre outras - da obra O Poveiro, que foi pioneiro no estudo das marcas ou siglas dos pescadores de Póvoa de Varzim.

 Asemade, Ferreira Lorenzo explicou a evolución das marcas dos pescadores, pasando a marca do pai o fillo máis novo, e como os demais fillos engadían un trazo a marca orixinal, cando era o fillo primoxénito, dous trazos, o segundo fillo, e así sucesivamente.

 Asemade, informou que cando un pescador mercaba aparellos de outro mariñeiro, engadía dúa marca a marca existente nos aparellos que mercara.

De esq. a der.: Celso R. Fariñas, Luis Diamantino, Antonio Lomba, Deolinda Carneiro e Agustín Ferreira

 No tramo final da súa amena intervención, Agustín Ferreira Lorenzo convidou a conservar e empregar esas marcas, senón nos aparellos dos pescadores, que sería o idóneo, si noutras pertenzas das diferentes familias, a fin de preservar e darlle continuidade no tempo a esa cultura etnográfica.

 Compre salientar que no rueiro da cidade de Póvoa de Varzim ademáis dunha coidada uniformidade nas pracas de cada rúa, todas elas contan cunha orla reflectindo diferentes marcas de mariñeiros. Iso acredita que sinten verdadeiro e lexítimo orgullo das súas raices, que como ben dixo Luis Diamantino, "(...) non procedemos da nobleza, senón de familias modestas, sinxelas, traballadoras do mar e do agro, máis os poveiros, somos xentes nobres (...)".

 E como oportunamente propuxo Luis Diamantino, antes de rematar súa brillante intervención, foi coreada por tódolos asistentes: E como oportunamente propuxo Luis Diamantino, antes de rematar súa brillante intervención e foi coreada por tódolos asistentes: “¡Ala-Arriba! , Ala-Arriba!, ¡Ala-Arriba!”. Un expresión poveira - que neste caso foi dita tres veces consecutivas - que significa “Forza (para arriba), empregada polos pescadores cando empurraban o barco deica á praia, e que contribuía a coordinación dos esforzos de todos. 

 Logo da conferencia de Agustín Ferreira Lorenzo, o alcalde de A Guarda, fíxolle entrega dun dibuxo coa marca do seu finado pai, que tamén foi pescador.

 E a continuación tería lugar a inauguración propiamente dita da exposición Marcas dos pescadores de Póvoa de Varzim e A Guarda, que o Museo Municipal de Etnografía e Historia coa colaboura da Asociación Cultural de Eembarcacions Tradicionais Piueiro, ten patente na Casa dos Alonso, e que poderá visitarse ata o vindeiro día 8 de outubro. 

Deolinda Carneiro - a dereita da imaxe - informando con todo detalle do contido dos materiais expostos

 A devandita inauguración consistiu nunha visita guiada inicialmente por Deolinda Carneiro, directora do Museo Municipal de Etnografía e Historia, e posteriormente por María de Jesús Rodríguez, técnica superior de Turismo da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim.

María de Jesús Rodríguez - no centro da imaxe - continuou á visita guiada

 Foi un verdadeiro honor poder disfrutar dos coñecementos desas dúas mulleres, que ademáis de seren todas unhas expertas nas súas respectivas labouras profisionais, son dúas persoas que aman o seu traballo, e iso nótase no agarimo co que transmiten toda á información pormenorizada, que facilitan o público.

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba entregándolle ao vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, unha reproducción en bronce da gamela guardesa

 E antes de dar por concluído ese acto inaugural o alcalde de A Guarda, fíxolle entrega o vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim dunha reproducción en bronce dunha gamela guardesa.

 Dese xeito púxose broche de ouro a unha fermosa xornada de convivencia entre poveiros e guardeses, na que tanto dunha parte como de outra, hai toda a mellor vontade e disposición para continuar facendo cousas en común. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario