A Deputación de Pontevedra a aproba dúas novas achegas de máis de 30.000 € para o Concello do Rosal
Estes investimentos irán destinados á mellora da senda peonil de pescadores e á compra de equipamento de recollida selectiva de lixo
Infogauda / O Rosal
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante resolucións provinciais, dúas novas axudas ao Concello do Rosal por un valor total de 30.337,26 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 25.285,21 euros irán destinados á mellora da senda peonil de pescadores e 5.052,05 á compra de equipamento de recollida selectiva de lixo.
Ademais desta cantidade, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 284.661,18 euros na liña 1 destinados á mellora e reparación do auditorio municipal, á construción de novos espazos recreativos no parque de Pías ou á adquisición de mobiliario para edificios municipais, entre outros. Ademais, 53.377,33 euros na liña 2 para financiar actividades culturais e festexos. Tamén outros 127.360,83 euros para a contratación de traballadoras/es, dentro da liña 3.
Ata este momento, a Deputación xa entregou 465.399,36 euros dos 969.267,6 euros totais que están destinados ao Concello do Rosal no Plan Concellos 2018. Ir a novas
Ningún comentario:
Publicar un comentario