10 de ago. de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA GARANTÍU UN ANO MÁIS A SEGURIDADE DO DOMINGO DO MONTE CUN AMPLO DISPOSITIVO DE EMERXENCIAS 

40 efectivos participaron nun operativo coordinado para garantir a seguridade e unha resposta rápida ante calquera incidencia no Monte Santa Trega 


Para garantir o correcto desenvolvemento da celebración e a seguridade das persoas asistentes, o Concello da Guarda activou un ano máis un amplo dispositivo de seguridade e emerxencias, que permitiu manter unha coordinación permanente entre os diferentes corpos e servizo s implicados

Fotos:CAG



Infogauda/A Guarda

 O Domingo do Monte volveu reunir onte no Monte Santa Trega a numerosos persoas guardesas, así como visitantes, nunha das xornadas festivas máis multitudinarias do calendario festivo da Guarda. 

 Para garantir o correcto desenvolvemento da celebración e a seguridade das persoas asistentes, o Concello da Guarda activou un ano máis un amplo dispositivo de seguridade e emerxencias, que permitiu manter unha coordinación permanente entre os diferentes corpos e servizo s implicados. 

 O operativo estivo integrado por 40 efectivos de diferentes forzas de seguridade e emerxencias, coa participación da Guardia Civil, a través da Compañía de Tui; o Servizo de Proteción da Natureza (SEPRONA); a Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) de Pontevedra e a Unidade Pegaso da Guardia Civil, encargada da vixilancia mediante drons. 

 Tamén formaron parte do dispositivo a Policía Local da Guarda, a Policía Local de Tomiño, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guar da e Protección Civil da Guarda e do Rosal, e axentes forestais, reforzando entre todos a presenza e capacidade de resposta ao longo da xornada. 

 O Punto de Mando Avanzado (PMA) situouse, un ano máis, no campo de fútbol de Chans Vello, converténdose no centro de coordinación do dispositivo e permitindo manter unha comunicación directa e áxil entre os diferentes servizos. No PMA estiveron presentes durante a xornada o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Servizo Cidadá, Isidro Lomba Lorenzo, realizando o seguimento do operativo e da evolución da xornada. 

 A presenza coordinada dos diferentes corpos permitiu garantir unha rápida capacidade de actuación ante calquera situación, así como mellorar a coordinación entre os servizos de seguridade, emerxen cias e asistencia sanitaria. A vixilancia aérea mediante drons contribuíu tamén ao control do espazo e ao seguimento da afluencia de persoas no Monte Trega. 

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, quixo poñer en valor o traballo realizado por todos os efectivos que participaron no dispositivo: “O Domingo do Monte é unha xornada na que A Guarda recibe a miles de persoas e, por iso, é fundamental contar cun dispositivo amplo  e perfectamente coordinado”.

 Dende o Concello da Guarda queremos trasladar o agradecemento a todas as persoas que integraron o dispositivo de seguridade e emerxencias, así como á veciñanza e ás persoas visitantes pola súa colaboración para que o Domingo do Monte puidese desenvolverse con normalidade e nun ambiente festivo, afirmou o alcalde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario