O BNG PROMOVE UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS «EN DEFENSA DO MANTEMENTO DO SERVIZO COMPLETO DA ATENCIÓN PRIMARIA NO CONCELLO DO ROSAL»
Ánxela Fernández Callís, portavoz municipal do BNG no Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
Desde o BNG do Rosal queren anunciar á veciñanza «que xa poden asinar en defensa do mantemento do Servizo Médico Completo da Atención Primaria no Concello do Rosal», afirma Ánxela Fernández Callís, portavoz municipal do BNG no Concello do Rosal.
A ese respecto, a concelleira nacionalista afirma: «Repartimos follas de sinaturas nos Centros de Saúde do Rosal e de San Miguel e en diversos establecementos, bares e cafeterías de todo o noso Concello».
«Lembramos que esta recollida de sinaturas ven derivada de que desde o día 1 de agosto un só médico está a facer o traballo de dous facultativos, asumindo unha carga de traballo que non lle corresponde e xerándose, entre outros problemas, retrasos nas citas médicas
A situación de empeoramento da Atención Primaria no Rosal neste mes de agosto chegou ó Parlamento de Galicia da man de Montse Prado e o resto de Deputados do BNG que veñen de denunciar esta situación. Queremos agradecerlles que dean voz ao Rosal no Parlamento Galego», denuncia a concelleira do BNG.
«Desde o BNG faremos todo o que estea nas nosas mans para reverter esta situación e que non se repita. A Sanidade Pública é para nós non só un dereito senón tamén unha prioridade», conclúe a portavoz municipal do BNG do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario