XEIRAS IEM 2018
O Monte Tetón. A paisaxe tatuada
O vindeiro xoves 23 de agosto ás 20:00h terá lugar a décimo primeira xeira de verán polo concello de Tomiño
Petróglifo de Portaxes no Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón (Tomiño)
Foto: Infogauda
IEM / Tomiño
O vindeiro xoves 23 de agosto ás 20:00h terá lugar a décimo primeira xeira de verán polo concello de Tomiño, O Monte Tetón. A paisaxe tatuada, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira.
O punto de encontro será no Alto do Padrón. Estrada Gondomar- Tomiño.
HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario