6 de ago. de 2018

A GUARDA

A Casa dos Alonso acolle as novas instalacions do Concello da Guarda 

Desde o vindeiro xoves día 9 de agosto, a atención o cidadán será nese inmoble 



 Infogauda / A Guarda

 A partires do vindeiro xoves día 9 de agosto, a atención ao cidadán do Concello da Guarda trasladarase ás novas instalacións sitas na Casa dos Alonso na Praza do Reló da Guarda. 




 Así o indican desde o executivo municipal do Concello de A Guarda: «Deste xeito todas aquelas persoas que precisen acudir a facer algunha xestión nas dependencias municipais, a partires deste xoves terán que facelas na Casa dos Alonso, calquera dúbida será atendida no mostrador da pranta baixa ou no rexistro, que estará ubicado no primeiro andar.  


 A Casa dos Alonso pasa a ser deste xeito a nova ubicación da Casa Consistorial, un espazo máis amplo e moderno, que ven de adecuarse grazas a unha achega a cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a dotación do mobiliario preciso para facer este cambio de emprazamento, e ademais para dar un servizo de calidade aos cidadáns nun espazo máis confortable.  


 Está previsto que o inicio da mudanza dos diferentes departamentos municipais se inicie este mesmo xoves co traspaso do rexistro ao novo edificio e nos posteriores días o resto dos departamentos.  


 Dende o Concello da Guarda agradécese a comprensión da cidadanía nestes primeiros días de cambio de emprazamento, coñecedores de que é un proceso que vai levar algún tempo e que, de seguro, xurdirán incidencias na atención ou nas xestións ata que o persoal se habitúe a este novo espazo».

Ningún comentario:

Publicar un comentario