7 de ago. de 2018

TRIBUNA ABERTA

CARTA ABERTA DE PACS EN PE DE GUERRA ANTE O FALECEMENTO DUNHA PERSOA O SABADO 4 DE AGOSTO DE 2018 NO PAC DA ESTRADA 

 Amencemos coa noticia no día de hoxe dunha persoa falecida o sábado 4 de agosto de 2018 no PAC da Estrada. Este feito dase nun contexto de falta de cobertura do reforzo de sábado de tarde e ante a ausencia do único equipo que desenvolvía o traballo nesa tarde por acudir a unha urxencia fora do centro. 

 A falta de medios persoais vimos denunciando desde vai meses onde o noso colectivo levou entre as suas reivindicacións ante o SERGAS coa sinatura dos e das traballadoras que se cubrisen todos os PAC con equipos completos Enfermeira/o-Medica/o e a revisión dos plans funcionais de cada centro, por considerar que estamos traballando con recursos mínimos. 

 Tras meses denunciando esta situación atopamonos que, no verán onde a carga asistencial e a poboación aumenta, o persoal co que estamos a traballar é inferior ao do resto do ano. Todo isto malia a que nos limitaron o tempo de disfrute de vacacións e permisos, que denegaron reducions de xornada por motivo de conciliación e que aumentaron a xornada obrigando a facer quendas de traballo a maiores ao persoal do PAC. A solución ven sendo unha vez mais a sobrecarga e recorte de dereitos nun persoal extenuado e que xa non pode mais. Unha vez mais, o SERGAS bota balóns fora como se cousa do azar se tratase. Falta autocritica e faltan solucións a un problema que vimos denunciando con mais forza se cabe as ultimas semanas ao ver que non se cubren nin os minimos e onde o persoal rematamos cada turno de traballo coa sensación de ter resolto os problemas como ben podemos pero non como ben sabemos. 

 A falta de persoal non se solventa sobreexplotando sempre aos mesmos, pasa por formar aos sanitarios suficientes que cubran as xubilacións que se van xenerando e se van xenerar, pasa por ofertar prazas suficientes en oposicións que aseguren esta cobertura, pasa por ter ao persoal eventual cuns dereitos minimos para evitar a fuga en busca de poder ter unhas condicións dignas, pasa, en definitiva en cambiar unha estratexia que se ve a todas luces que non esta a resolver nada e que esta tendo consecuencias sobre a poboación. 

 Desde PACS en PE DE GUERRA queremos expresar o noso pesar a familia e instar a administración, unha vez mais a que busque solucións a un problema que vemos que de non tomar medidas nos vindeiros anos vaise acentuar. 

 Na Estrada, a 6 de Agosto de 2018

Ningún comentario:

Publicar un comentario