Comezaron as Festas do Monte Santa Trega, 2018
Do 6 ó 13 de agosto, A Guarda vibra por todo o alto
Do 6 ó 13 de agosto, A Guarda vibra por todo o alto
Infogauda / A Guarda
A Guarda entra de pleno na súa semana grande coa celebración do 6 ao 15 de agosto, das Festas do Monte Santa Trega 2018, declaradas de Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis, cunha ampla programación de actividades, destacando as noites de verbenas, as actividades deportivas e culturais, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, o Domingo do Monte e unha gran tirada de fogos de lucería do martes día 13 de agosto, ás 24:00 h.
As Festas do Monte Santa Trega están organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón e o Concello da Guarda, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra dunha boa representación das asociacións culturais e deportivas da Vila, participando activamente en diferentes actividades da programación.
A municipio de A Guarda acolle os guardeses que residen noutras localidades de diferentes Comunidades Autónomas, e tamén no extranxeiro, que queren compartir estes días coas súas familias e amizades, así como a numerosos visitantes, atraídos pola ampla programación de actividades e as noites de música nas verbenas da Alameda da Guarda, que este ano contará coas actuacións das orquestras e grupos musicais Johny Maquinaria, California, Finisterre, Ritmo Noche, Tango, Garibaldi, Passarela, América, Europea, Azúcar, Cibeles, Los Gemas, Edgar Bao (La Voz Kids), Caramelo e Ámbar.
O Desfile Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras é un dos eventos que congrega a unha maior cantidade de público e asistentes, participando no mesmo ao redor de 3.000 persoas, entre grupos musicais, treboadas, particulares que locen traxes típicos galegos e as
Bandas Mariñeiras.
O día principal é sen dúbida o Domingo do Monte cando máis de 10.000 persoas se congregan no Monte de Santa Trega para participar no xantar enxebre, e disfroitar coa animación das Bandas Mariñeiras, que ao son dos bombos, caixas, gaitas e pandeiretas, amenizan esta gran xornada, cada unha coa súa equipación e seu característico toque.
A xornada remata coa Desfeita na Baixada do Monte ata o Parque do Cancelón e posteriormente ata a Alameda e Rúa Galicia.
No apartado deportivo destacan o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña - que se celebrou o pasado sábado -, a Marcha Cicloturista Popular que terá lugar o mércores día 8, ou as Carreiras Pedestres, que terán lugar o venres día 10, desde ás 19:00 h., entre outras actividades deportivas.
PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2018
PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario