17 de xul. de 2018

OIA

XAN LOIS VILA, CONCELLEIRO DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL CO CONCELLO DE OIA CRITICA Á ALCALDESA POLA "SÚA PARALISE ANTE OS PROBLEMAS DO MOSTEIRO"


 Xan Lois Vila Pinel, concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia

Infogauda / Oia

 O concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia, Xan Lois Vila Pinel critica ao goberno municipal, presidido por Cristina Correa Pombal "pola súa parálise ante os problemas do mosteiro e por non cumprir a lei de patrimonio de Galicia. 

 Logo de impulsar un acordo aprobado por unanimidade por toda a corporación municipal para catalogar o entorno do mosteiro como conxunto histórico artístico. Dende o grupo mixto insistimos na necesidade de que o concello de Oia adopte as medidas cautelares necesarias para salvagardar e recuperar os bens que ven a súa integridade e valor ameazados. 

 Denunciamos que os derrubos do tellado do Mosteiro do 8 de decembro e o do 13 de xaneiro constitúen un grave dano a súa integridade. Estes son consecuencia do incumprimento da lei e do deber de conservación por parte do propietario. 

 Os artigos 3.2.b da lei do patrimonio cultural de Galicia obriga ó concello establecer medidas cautelares. 

 Dende Movemento Oia insistimos que se remita a correspondente instancia á Xunta de Galicia comunicando os feitos relatados e inste para que se aplique o artigo 51. así como as sancións pertinentes que marca a citada lei ante as gravísimas infraccións inxustificadas que atentan contra o noso PatrimonioO Concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia critica ao goberno pola súa parálise ante os problemas do mosteiro e por non cumprir a lei de patrimonio de Galicia. Logo de impulsar un acordo aprobado por unanimidade por toda a corporación municipal para catalogar o entorno do mosteiro como conxunto histórico artístico. Dende o grupo mixto insistimos na necesidade de que o concello de Oia adopte as medidas cautelares necesarias para salvagardar e recuperar os bens que ven a súa integridade e valor ameazados. Denunciamos que os derrubos do tellado do Mosteiro do 8 de decembro e o do catorce de xaneiro constitúen un grave dano a súa integridade. Estes son consecuencia do incumprimento da lei e do deber de conservación por parte do propietario. Os artigos 3.2.b da lei do patrimonio cultural de Galicia obriga ó concello establecer medidas cautelares. Dende Movemento Oia insistimos que se remita a correspondente instancia á Xunta de Galicia comunicando os feitos relatados e inste para que se aplique o artigo 51. así como as sancións pertinentes que marca a citada lei ante as gravísimas infraccións inxustificadas que atentan contra o noso Patrimonio". 

 Unha situación que o concelleiro do Grupo Mixto de Oia considera "insostible por non garantir o futuro do cenobio, como esixiron os veciños do municipio que o pasado mes de decembro de 2017 presentaron unha moción reclamando a expropiación do mosteiro que foi aprobada por toda a corporación municipal en maioría, por un cambio de rumbo que sacase ao mosteiro do inmobilismo".

Copias do documento presentado no Rexistro de Entradas do Concello de Oia, polo concelleiro do Grupo Mixto Municipal, Xan Lois Vila Pinel

Ningún comentario:

Publicar un comentario