DEPORTES
67 equipos participaron no
Campionato de Balonmán-Praia, en Camposancos
Xogadoras/es de varios equipos pousan para esta foto de "familia"
Fotos: C. A.G.
Infogauda / Camposancos
A
pasada fin de semana disputouse nas instalacións do Codesal, en Camposancos, o
Campionato de Balonmán-Praia Concello da Guarda.
Esta competición,
que xa fixo escala noutros municipios galegos coma Vigo, Cesantes ou Poio,
celebrouse na Guarda dende o venres 13 ata o domingo 15 de xullo, unha
oportunidade excepcional para o desfrute do deporte que contou coa
participación de máis de 600 xogadores federados de clubes de toda Galicia.
O evento estivo
organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Evento Global e a
Federación Galega de Balonmán.
Contouse cunhas
instalacións con 4 campos de xogo habilitados para poder realizar partidos
simultáneos, a dous sets, e onde primaron as acrobacias e trucos para acadar
mellores puntuacións, un espectáculo deportivo que contou cunha gran afluencia
de persoas.
Os partidos
desenvolvéronse nas categorías de Seniors, Xuvenís, Cadetes, Infantís e
Alevíns, nas modalidades de Masculino e Feminino e mixtos para a categoría de
Alevíns.
Na entrega de
premios participaron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de
Deportes, Manuel Javier Crespo González; o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos,
Rafael Álvarez Martínez; e por parte de Verán Deportivo, Antonio Saborido.
PREMIADOS:
ALEVÍN MIXTO:
3º-BMP CHAPELA
2º-BMP CANGAS
1º-LOS CRACKS DEL
CARBALLAL
INFANTIL MASCULINO:
2º-SH
1º-VEBA WATER
INFANTIL FEMININO:
3º-YEAH ACTIVITY
CREMOSSO TEAM
2º- CARBALLAL ARENA
1º-VEBA WATER
CADETE MASCULINO:
3º-VEBA OS DA JRADA
2º-CREMOSSO TEAM B
1º-PTV HANDSTRAND
CADETE FEMININO:
3º- VEBA WATER
2º-SERVISUB AREA BUEU
1º-BMP PESCADOS
XUVENIL FEMININO:
2º- BMP PESCADOS
1º-VEBA WATER
XUVENIL MASCULINO:
3º- YEAH ACTIVITY
CREMOSSO
2º-VEBA OS DA JRADA
1º-PTV HANDSTRAND
SENIOR MASCULINO:
3º- BMP PESCADOS
2º-PTV HANDSTRAND
SENIOR FEMININO:
3º- A.C. KALÓ
PAINKILLERES
2º- EL BUNGA
1º-VEBA WATER
1º-VEBA WATER
Ningún comentario:
Publicar un comentario