O Concello acometerá obras de urbanización nun
treito da Baixada a San Caetano
· Estas obras contan cun presuposto total de 222.839 € dos cales a primeira fase ascende a 57.867 € e será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
O alcalde Antonio Lomba Baz e o concelleiro de Vías e Obras Miguel Ángel Español Otero, informaron os veciños sobor do proxecto da primeira fase da urbanización e mellora de servizos na Baixada a San Caetano
Fotos: C. A. G.
O Concello de A Guarda acometerá nos vindeiros meses as obras da primeira fase da urbanización
e mellora de servizos na Baixada a San Caetano, entre os números 2 e 12. Así o veñen de afirmar o alcalde Antonio Lomba Baz e o concelleiro de Vías e Obras Miguel Ángel Español Otero, que este martes día 17 de xullo de 2018, mantiveron unha reunión no salón de plenos, con máis dunha vintena de veciños de San Caetano para explicarlles os pormenores deste proxecto, que se executará en tres fases, sendo esta a primeira que se vai a levar a cabo.
Durante o
transcurso destas obras alternarase a execución do proxecto co uso da rúa na
medida do posible para evitar o malestar entre os veciños.
Renovarase a rede
de saneamento, facendo unha nova rede separada de pluviais e fecais, unha nova
rede de abastecemento de auga e unha pre-instalación da rede de
telecomunicación e da rede eléctrica soterrada.
Agárdase que o
transcurso das obras non se demore máis de 60 días dende o seu comezo.
Estas obras
contan cun presuposto total de 222.839 € dos cales a primeira fase ascende a
57.867 € e será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de
Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario