O PP de A Guarda chama a participación na asemblea local do XIX Congreso Nacional Extraordinario
A celebrarse o vindeiro 5 de xullo de 2018
Roberto José Álvarez Carrero, presidente do Partido Popular de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Partido Popular de A Guarda, a través do seu presidente, Roberto José Álvarez Carrero, fai unha chamada á participación de tódolos militantes do Partido Popular de A Guarda para elexir ao novo/a presidente/a nacional por mor do XIX Congreso Nacional Extraordinario. Poderán participar na elección do novo presidente nacional tódolos militantes da localidade que figuren inscritos.
As votacións na asemblea local de A Guarda celebraranse o vindeiro día 5 de xullo de 2018 na sede local do partido sita na rúa Agustín Nandín Lomba, nº 2 – baixo (lateral da igrexa parroquial de A Guarda, ao lado da sede da Cruz Roja). Os horarios de votacións serán os seguintes: mañá de 10:00 h-14:00 h; tarde de 17:00 h (5 da tarde)-21:00 h (9 da tarde). Calquera militante do PP de A Guarda que figure inscrito poderá exercer o seu dereito ao voto interno entre esas horas señaladas.
A sede do Partido Popular de A Guarda permanece aberta a tódalas persoas durante o ano os xoves de 20:00-21:00 h (de 8 a 9 da tarde).
Ningún comentario:
Publicar un comentario