2 de xuño de 2018

A GUARDA

CULTURA

BETI REY FERREIRA, CENTROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2018 EN FEMININO

· A locutora, presentadora e xornalista guardesa, recibiu unha merecida homenaxe no seu pobo natal 

· Organizado pola Agrupación Cultural Guardesa


Beti Rey co seu esposo Álvaro Hermida e o fillo de ambos, en presenza de Julia Sobrino
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Rodeada pola súa familia, amizades, compañeiros de traballo e veciños da Proba,  Tui, A Guarda, Oia, O Rosal,..., na tardiña de onte, a locutora, presentadora e xornalista guardesa Beti Rey Ferreira, recibiu á merecida homenaxe que co gallo do Día das Letras Galegas, lle tributou á Agrupación Cultural Guardesa. 


 A homenaxe, que tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural da Vila, cuxo aforo completouse totalmente - e máis que hubera -, foi coordinado por Manuel Santos González, que logo da benvida o respectable público, en nome da Agrupación Cultural Guardesa, daría paso a unha proxección de imaxes sobor da labor profisional de Beti Rey Ferreira, vencellada desde seus comezos en 1993, á Radio Municipal de Tui.


 Deseguido subirían o escenario o Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa; Cantaruxas e Merliños, dirixidos pola profesora e gaiteira Berta Castro, interpretaron "Canto de Laboura" e "Son da sega".


 A continuación corresponderíalles as/os compoñentes do Grupo de Corda Antorcha, dirixidos por María José Baz Martínez, que interpretaron: "Ciudadanos del mundo", de Juan Pardo e "No niño novo do vento" (Letra: Álvaro Cunqueiro - Música: Luis Emilio Batallán).

 Seguendo co guión previsto, subirían o escenario Julia Sobrino González, Ángela Vicente Lomba e José Font Moldes.



 Ángela Vicente falou de María Victoria Moreno Márquez, a figura elexida pola Real Academia Galega para á conmemoración do Día das Letras Galegas, 2018.

 Na súa disertación, Ángela Vicente salientou a persoalidade poliédrica e de compromiso coa Lingua Galega, e por conseguinte coa nosa Cultura, de María Victoria Moreno, quen por decisión personal fixo seu o noso idioma, e desenvolveu unha intensa actividade a prol da nosa fala.

 A continuación interviu José Font para amosar o perfil humano e profisional de Beti Rey, a muller que por acordo da asemblea de socias/os da Agrupación Cultural Guardesa, foi elexida para á homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas deste ano.

 De Beti Rey, Font salientou o seu compromiso coa totalidade do proxecto da Radio Municipal de Tui, e súa implicación na labor que esta emisora ven desenvolvendo desde 1993, en que botou á andar, e na que Beti Rey é unha das persoas fundamentais, xa que "(...) sen ela a Radio Municipal de Tui non sería o mesmo, ou mesmo non sería (...)".

 Deseguido Julia Sobrino, á presidenta da Agrupación Cultural Guardesa daría lectura o seguinte parágrafo: "(...) É que hai cousas nesta vida que son, de vez, boas para o corpo e para a alma e así foi aquel cachiño de mandarina que me axudou a rematar a Costa de San Pedro de Alcántara coa boca fresca e a alma chea dunha dunha luz tenra e rebulideira (...)", extraído da súa obra "Diario da luz e a sombra", ensaio que María Victoria Moreno escribiu sete anos despois de serlle diagnosticado en 1997, un cancro de mama.

 "Lendo este fragmento - dixo Julia Sobrino, dirixíndose a Beti Rey Ferreira - da obra de Mª Victoria Moreno, lembro con claridade que o día que rematou a asemblea onde foches nomeada para adicarte o Día das Letras Galegas, esta foi a exacta descripción de como se sentía a miña alma "chea dunha luz tenra e rebulideira". O elexir a unha muller para celebrar esta data tan importante é un motivo de ledicia por diversas causas: primeiro porque é de xustiza, xa que o ano pasado xa estabas incluida na lista e tamén porque indudablemente ti o mereces.

 A túa elección foi para nós unha dose de forza e frescura, tanto como o cachiño de mandarina para Mª Victoria.

 Analizando despacio o teu extenso curriculum non hai dúbida, as diversas facetas nas que volcaste a túa experiencia: radio, televisión, prensa, publicacions, etcétera, foron, cada unha delas, feitas con rigor e profisionalidade, o podo afirmar xa que tiven ocasión de compartir contigo a presentación de algúns actos no pasado.

 Está claro que merece unha mención especial a radio xa que este medio convertiuse para ti nunha fermosa obsesión e a ela dedicaches parte da túa vida.

 Para rematar gustaríame felicitarte pola foto que escolleste para as nosas publicacions, ainda que pareza unha tontería, nela vexo condensado todo o que ti eres e todo o que significa para ti o teu traballo. Dela despréndese con claridade amor, compromiso e sensibilidade.

 Espero que este sexa un día para lembrar con agarimo no futuro."



 A continuación, logo dunha breve pausa, subiron o escenario os compoñentes da Orquesta de Cámara da Agrupación Musical de A Guarda, dirixidos por Víctor Luis Alonso Treinta interpretaron "Negra Sombra", "L’Arlesienne" e "Libertango".

 Logo desa actuación, Julia Sobrino, en nome da Agrupación Cultural Guardesa abriu o apartado de agradecementos, facéndolle entrega de un agasallo conmorativo, o presentador Manuel Santos González, pola súa colaboura desinteresada neste tipo de eventos.

 A continuación, outras persoas da Agrupación Cultural Guardesa, como Chuny Vázquez Vicente, María del Carmen Martínez e Victoriano Rodríguez González, farían as correspondentes entregas á Berta Castro, Ángela Vicente, María José Baz e Víctor Luis Alonso.



 Asemade, a concelleira de Cultura, María Elena Baz Rodríguez, sería a encarregada de facerlle á entrega do agasallo a José Font.




 E como é habitual nela, a honra de entregar o último dos agasallos - neste caso, a Beti Rey Ferreira -, á presidenta da Agrupación Cultural Guardesa cedeulla o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, quen subiu o escenario, para a súa vez, cederlla o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padin, xesto que foi acollido con aplausos e sorrisos de agarimo, por parte do respectable público.

 Como non podía ser doutro xeito, logo de receber o seu agasallo, Beti Rey, dirixiuse á audiencia para agradecer esta homenaxe, o tempo que fixo un resumo dos 25 anos que leva na Radio Municipal de Tui - á primeira emisión oficial foi o 16 de abril de 1993 -, nos que como ben dixo, a protagonista é a información local, e na que non sempre é doado transmitir á actualidade, como por desgraza aconteceu recentemente. 

 Beti Rey tivo unha lembranza para ás víctimas, feridos e veciños de Paramos (Tui), xesto que foi acollido polo respectable con aplausos, en sinal de homenaxe a tódalas persoas e familias afectadas.

 Tamén tivo unhas verbas de agradecemento para tódalas persoas que asistiron a este acto e por suposto para á Agrupación Cultural Guardesa.

 Como síntese da súa andaina informativa, Beti Rey remataría súa intervención decindo: "Eu non entendería a miña vida sen á radio".

 Deseguido, Julia Sobrino chamou o esposo de Beti Rey, para entregarlle un ramo de flores. Álvaro Hermida e seu fillo,  acudiron o escenario, para estar a carón de Beti Rey, protagonizando un dos intres máis entrañables desta velada cultural.

 E para pór broche de ouro a este acto, á Orquestra de Cámara da Agrupación Musical de A Guarda, interpretou o "Himno Galego", que foi coreado e seguido polo público posto en pé.



 A homenaxe culminaría arredor das 22:45 h., coa sinatura, por parte de Beti Rey Ferreira, de exemplares da publicación - de 56 páxinas, con moitas fotografías e textos de Beti Rey, así como unha sipnose biobliográfica de Mª Victoria Moreno Márquez - conmemorativa editada pola Agrupación Cultural Guardesa, co patrocinio do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra.

GALERÍA DE IMAXES DO ACTO DE HOMENAXE A BETI REY FERREIRA, O DÍA 1 DE XUÑO DE 2018, NO CENTRO CULTURAL DA VILA

Ningún comentario:

Publicar un comentario