19 de xuño de 2018

A GUARDA

Vive o Camiño trae á Guarda a Magín Blanco e Najla Shami 

· O vindeiro luns día 25 de xuño, ás 20:00 h., a Praza do Reló de A Guarda acollerá as actuacións de Magín Blanco e Najla Shami


Jorge Alonso / A Guarda

 O vindeiro luns día 25 de xuño a Praza do Reló de A Guarda acollerá as actuacións de Magín Blanco e Najla Shami, enmarcadas no programa Vive o Camiño 2018 do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021. 

 A programación de Vive o Camiño é una proposta escénica, musical, divulgativa e expositiva que pretende dinamizar e por en valor os Camiños Portugués e Portugués da Costa, con activardes dirixidas ao público de todas as idades, tanto á veciñanza coma aos peregrinos e visitantes dos concellos. 


 O evento dará comezo ás 20:00 horas. coa actuación de Magín Blanco, que presentará o seu novo espectáculo musical “Camiño” onde conflúen música, teatro,  contos e poemas de destacados escritores galegos.


 Ás 21:00h Najla Shami é unha cantora e compositora que creceu entre Galicia e Kwait que traerá á Guarda un espectáculo cunha selección dun repertorio moi especial fusionando músicas de diferentes lugares acompañada por dous multinstrumentistas brasileiros: Sérgio Tannus e Maurício Caruso. Música galega con carácter étnico, combinación fresca e singular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario