19 de xuño de 2018

A GUARDA

Este venres arranca na Guarda unha nova edición de Música nas Prazas 


Jorge Alonso / A Guarda

 Este venres día 22 de xuño de 2018, a Praza de Salcidos, na Guarda, será o escenario do primeiro concerto da edición 2018 de Música nas Prazas. 

Liquen
Foto: Iago Alonso

 Nesta primeira sesión musical, o grupo encargado de amenizar a velada serán os guardeses de Liquen, un grupo local cun estilo musical Post-Rock instrumental, que sen dúbida fará gozar ao público. 

 O concerto comezará ás 22:00 horas, con entrada de balde. 

  A programación de Música nas Prazas 2018 continuará o vindeiro día 24 de agosto coa actuación de Bieito Solo na Praza de San Amaro de Camposancos ás 22:00 horas, seguido da actuación de Pepe Vaamonde Trío o día 7 de setembro ás 22:00 horas, na Praza do Reló. 


 Música nas Prazas chega neste ano 2018 á súa terceira edición, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila. 

 Ao longo deste tres anos foron moitas as formacións musicais da escea local e galega que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables Coverband, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario