Aniversario de Érguete Baixo Miño
Membros da Xunta Directiva xunto co persoal laboral da Asociación Érguete Baixo Miño
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que mañá, día 8 de xuño, celébranse 28 anos da creación da Asociación, e con tal feito, reuniuse a maior parte dos membros da Xunta Directiva xunto co persoal laboral co fin de facer unha fotografía conmemorativa á vez que contar experiencias acadadas en todos estes anos de traballo e iniciativas.
A Asociación Érguete Baixo Miño fundouse a principios dos anos 90 na Vila da Guarda pola boa vontade dun grupo de veciños afíns a unha mesma causa, axudar aos afectados e ás familias con problemas relacionados coas drogas de maneira directa ou indirectamente.
Érguete Baixo Miño, denominada nos seus inicios como Asociación de Familiares e Amigos de Drogodependentes, é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na Comarca do Baixo Miño – Pontevedra (Galicia) –, concretamente nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia.
Presidiron esta Asociación Jose Antonio Uris Guisantes, máis coñecido como Uris, quen estivo ao fronte da Xunta Directiva por máis de 20 anos, ademais precedéronlle outros presidentes como Antonio González Álvarez, pasando por María Mercedes Baz Lomba e finalmente chegando a Victoriano Rodríguez González, actual presidente de Érguete Baixo Miño.
Uris tivo e segue a ter un peso importante tanto nos seus inicios na creación da Asociación, así como na actualidade como referente para moitas familias con problemas de adicións.
Hoxe en día cóntase con 3 persoas cualificadas en plantilla encargadas de realizar os múltiples talleres e actividades que a Asociación ofrece de maneira gratuíta, e sempre na procura dos mesmos obxectivos, traballar na prevención das condutas aditivas, educando e promocionando a saúde con hábitos favorables para o día a día das persoas así como mellorando a inserción de persoas en risco de exclusión socio-laboral.
Animamos as persoas e os colectivos que o precisen a achegarse as nosas instalacións para resolver dúbidas sobre calquera adición, para axudalas en xestións burocráticas así como derivándoas e acompañándoas no seu proceso de recuperación de benestar persoal, reinserción social e entorno familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario