13 de abr. de 2018

A GUARDA

O Concello presenta no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o proxecto da nova escola infantil municipal 

A obra suporá un investimento aproximado de 600.000€, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello da Guarda   

De esq. a der.: Perfecto Rodríguez Muíños, Antonio Lomba Baz e Mª Teresa Vicente Baz
Foto: C. A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, reuníronse esta mañá en Santiago de Compostela co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, co obxectivo de presentar o proxecto da nova escola infantil da Guarda e concretar a aportación económicas de cada administración.   

 Nesta liña, Perfecto Rodríguez Muíños estableceu un tope máximo na aportación da Xunta de Galicia “seguindo os parámetros marcados polo FEDER” (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) cos que se cofinancia a actuación. Así, co 70% aportado pola Xunta a través dos fondos europeos e o 30% financiado polo Concello, o proxecto suporá un investimento aproximado de 600.000€. 

 Os representantes municipais amosaron durante o encontro o proxecto da nova escola infantil municipal, elaborado seguindo as pautas marcadas polos técnicos do Consorcio Galego.  Obligáronse a seguir traballando para achegar en breve unha proposta definitiva, co compromiso de Perfecto Rodríguez de incluír esta actuación nos orzamentos da Xunta de 2019.  

 A nova gardaría ocupará a planta baixa do edificio no que se atopaban as antigas vivendas do colexio Manuel Rodríguez Sinde e contará con 41 novas prazas para cativos e cativas de entre 0 e 3 anos. As obras de reforma comezarán, previsiblemente, o próximo ano.    

 Teresa Vicente e Antonio Lomba aproveitaron ó encontro para lembrar ao xerente do Consorcio Galego a súa petición de incluír a Escola Infantil Municipal da Guarda na Rede Galega de Escolas Infantís “A Galiña Azul”. Ao respecto, o xerente alegou que esta demanda non poderá ser atendida en tanto a regularización das aportacións municipais que xa forman parte da rede non conclúa. Neste senso, o rexedor local subliñou a necesidade de axilizar o proceso de regularización, para que o Consorcio Galego poda incorporar novas escolas, posto que corporación municipal pediu por primeira vez a súa inclusión en febreiro de 2016. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario