24 de abr. de 2018

A GUARDA

A Deputación de Pontevedra achega á Guarda preto de 170.000 euros para repoñer o céspede do Estadio Municipal A Sangriña 

O Concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2018, ten a súa disposición 1.348.813,20 euros, un 76,09 % máis que no 2017   

Estadio Municipal da Sangriña
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar unha nova achega para o Concello da Guarda. En concreto trátase dun investimento de 169.595,78 euros para que a vila do Baixo Miño acometa a reposición do céspede do Estadio Municipal da Sangriña. 

 Anteriormente, A Guarda xa recibira da Deputación de Pontevedra 164.699,59 euros da liña 3 de Emprego para poder contratar a 18 persoas traballadoras.  

 Carmela Silva recordou que "A Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2018, ten a súa disposición 1.348.813,20 euros, un 76,09 % máis que no 2017". Deste xeito, o concello do Baixo Miño xa ten recibido 24,8 %, isto é 334.295,37 euros. 

 Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de €, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario