21 de mar. de 2018

PONTEVEDRA


O PP cualifica de “fracaso estrepitoso” a aplicación práctica do Plan Revitaliza da Deputación 

Polo incremento dos residuos que envía a provincia de Pontevedra a SOGAMA e o seu alto custe económico  

• Ángel Moldes manifestou o convencimento do Partido Popular na aposta pola reciclaxe e o compost, pero asegura que “un análise obxectivo dos datos entre os anos 2015 e 2017 de aplicación do Plan podemos comprobar como despois de gastar máis de 5 millóns de euros non se están facendo ben as cousas a xulgar polos resultados negativos que arroxa”. 

  

Ángel Moldes, voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra na rolda de prensa de hoxe, aportando os datos ofrecidos por Sogama con respecto ao número de toneladas de residuos sólidos urbáns recibidos polos concellos da provincia para o seu tratamento.  

Infogauda / Pontevedra

 “O Revitaliza, plan estrela da Deputación de Pontevedra para baixar os residuos é un rotundo e estrepitoso fracaso a xulgar polos datos obxectivos entre os anos 2015 e 2017 que confirman un incremento dos residuos enviados polos concellos da provincia a Sogama pese á baixada da poboación e o seu alto custe económico, que supera xa os 5 millóns de euros sin contar cos gastos de persoal da propia Deputación”. Así de rotundo se  amosou o voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, tras analiza-los datos ofrecidos por Sogama con respecto ao número de toneladas de residuos sólidos urbáns recibidos polos concellos da provincia para o seu tratamento.  

 Moldes insistiu no convencemento do Partido Popular de avanzar pola senda da posta en marcha de políticas que favorezan a reciclaxe e o compost, pero indicou que “un ánalise obxectivo dos datos recopilados entre os anos 2015 e 2017, de aplicación do Plan, podemos comprobar coo despois de gastar máis de 5 millóns de euros non se están facendo ben as cousas a xulgar polos resultados negativos que arroxa”.  

 O voceiro do PP recordou que “pese a ser o Plan Revitaliza o plan estrela da “nova Deputación” dos 61 concellos da provincia só se adheriron 29 e deles só 5 (O Grove, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Vilaboa) seguen adiante na seguinte fase deste proceso cun custe que supera os 5 millóns de euros sen contar os gastos do persoal propio da Deputación, pero si contamos as viaxes, as liñas de subvencións e axudas, a compra de composteiros comunitarios, mestres composteiros, asistencias técnicas, estudios e xornadas, aluguer de instalacións para empregados, convenios con entidades privadas, etc.”.  

 Os datos que aporta o voceiro do PP sinalan que en toda Galicia se produciu un incremento do 1,5%, unhas 12.000 toneladas, de residuos sólidos urbáns dos que se trasladas a Sogama para o seu tratamento. No caso concreto da provincia de Pontevedra, o estudio feito entre os anos 2015 e 2017, de aplicación do Plan Revitaliza, se comproba que “mentras a poboación na provincia de Pontevedra baixou un 0,5% o envío de residuos a Sogama dos concellos que a integran aumentou un 2,6% pese a que se está a aplicar este plan estrela da Deputación para, en teoría, reducir o que se chama a “bolsa negra” e tamén abaratar o custe aos veciños e veciñas por este servizo cando en realidade encarécese polo aumento do envío de toneladas de lixo. Este dato é curioso, mentras nas outras provincias onde tamén baixa a poboación, o envío mantense ou incluso redúcese, na provincia de Pontevedra co Plan Revitaliza en funcionamento aumenta un 2,6%”, asgura Ángel Moldes.  

 “A perda de poboación na provincia é duns 5.000 habitantes, é dicir un 0,5%, pero o envío de residuos a Sogama sube un 2,6%, unhas 9.000 toneladas máis, o que deixa ás claras que non é por un aumento desmesurado da poboación que pudera condicionar estes datos obxectivos. Vemos como sucede, paradóxicamente, o contrario. Así vemos, como dato curioso, como concellos como o de Porriño, Pontevedra, Vilagarcía ou Ponteareas, adheridos ao Plan Revitaliza e gobernados polos mesmos que dirixen a Deputación Provincial, incrementan sustancialmente os seus envíos a Sogama”, afirma o voceiro do PPdeG. 

 Finalmente, Ángel Moldes reitera o seu convencemento e o do Partido Popular de que “o camiño está na reciclaxe e no compost, non o dubidamos, pero o que está claro é que o bipartito ten que reflexionar con estes datos obxectivos na man e decatarse de que hai algo que non están facendo ben e que evidencia, tamén nesta área, no seu plan estrela, que non o souberon xestionar axeitadamente. Ao mellor en lugar de viaxar por media Europa, visitar plantas en cada recuncho da xeografía española deberían ver cara outras experiencias máis cercanas como a que está a levar, de xeito pioneiro, o Ministerio no concello de Cerdedo-Cotobade onde si se está a reducir o número de toneladas de residuos urbáns producidos”.  

 “Agora deben tomar medidas e fuxir do vitimismo habitual no que se suben cando a oposición do Partido Popular fai o seu traballo de control fiscalizador sobre o labor de goberno e non falar de boicots ao compost nin cousas parecidas porque saben que nin é certo nin é a solución. Aquí están os datos obxectivos agora tócalle ao bipartito reflexionar e saca-las súas propias conclusións e correxir un rumbo que leva ao buque insignia do seu goberno cara ao fracaso máis estrepitoso”, concluiu Ángel Moldes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario