20 de mar. de 2018

OIA

ACTO PÚBLICO DO BNG EN OIA SOBRE O FUTURO DO MONTE GALEGO   

O acto será aberto e terá lugar o sábado 24 de marzo  na Casa da Cultura de Sta. María de Oia  ás 18:30 horas   


BNG / Oia

 O BNG  organiza en Oia para este sábado  24  de marzo , ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Oia, un acto público informativo e de debate sobre o monte galego. Baixo o lema “O futuro do monte galego”, o BNG pretende reflexionar sobre a riqueza e as posibilidades que xera e ofrece o noso monte.  

 Para o BNG as posibilidades e a riqueza que aporte no futuro o noso monte vai depender de que se faga un uso ordenado e racional, se aproveite integralmente e se xestione con participación e transparencia para vincularnos a todas e todos na súa conservación e defensa.  

 Falaremos da importancia  da  preservación e do aproveitamento do monte galego que vai máis aló dos lumes,  apostando por un monte multifuncional que sexa fonte de riqueza e que, lonxe de ser unha ameaza polo seu estado de abandono e polo seu nivel de eucaliptización, sexa unha liberación e un estimulo económico, social e ambiental, sendo parte da solución ao abandono do rural que ten que desenvolverse de xeito harmónico e integral.   

 Así pois contaremos coas intervencións da responsábel local do BNG en Oia, Paula Soto, Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Montes; e Xosé Luis Rivas "Mini", deputado do BNG no Parlamento Galego .

Ningún comentario:

Publicar un comentario