20 de mar. de 2018

AS CACHADAS (A GUARDA)

O BNG  MANIFESTA O APOIO AOS TRABALLADORES DAS CA CACHADAS

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Guarda: “O BNG insta publicamente á Consellería de Industria á que medie no conflito para non poñer en perigo os postos de traballo na empresa” 

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO quere amosar publicamente o apoio ao conxunto dos traballadores de Imerys Kiln Furniture, nas Cachadas, que reivindican un novo convenio que mellores as súas condicións laborais. Así o ven de afirmar a este xornal dixital transfronteirizo Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Guarda.

 “A empresa ten que garantir a totalidade dos postos de traballo. A Xunta, por medio da Consellería de Industria, ten que mediar este conflito que pode afectar a 65 familias”, dixo Ángel Luis Baz Vicente.

 Dende o BNG lembran a situación que está a padecer tanto o concello da Guarda como a comarca, cunha crise económica que levou por diante empresas e postos de traballo, condeando á emigración a moitos dos seus habitantes

 O BNG insta á Consellería de Industria e ao propio Concello da Guarda a aunar esforzos para salvagardar os postos de traballo na factoría, conclúe Ángel Luis Baz. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario