19 de mar. de 2018

O ROSAL

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA MULLERES NA HISTORIA  

Nesta ocasión son 214 fotografías as achegadas pola veciñanza, e que en paneis, marcos e expositores enchen a sala de exposición do Concello do Rosal


Infogauda / O Rosal

 O domingo día 11 de marzo foi inaugurada a exposición de fotografías Mulleres na Historia pola  alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso, acompañada pola Corporación Municipal e numeroso público que non quiso perderse este acto. 

 Este é o terceiro ano consecutivo que se organiza no Concello do Rosal esta exposición. Leva por título Mulleres na Historia xa que quere ser unha homenaxe a tódalas mulleres do Rosal e tamén de Galicia que traballaron dentro e fóra das súas casas e nunca tiveron o recoñecemento merecido. 

 A temática elixida para este ano 2018 foi o das vodas, con as mulleres como protagonistas absolutas. Ceremonias, banquetes, invitadas e invitados, padriños e madriñas, e curiosidades relacionadas con este tema. 

 Nesta ocasión son 214 fotografías as achegadas pola veciñanza, e que en paneis, marcos e expositores enchen a sala de exposición do Concello do Rosal. 

 Acompañando ás fotografías, hai tres traxes de noivas cedidos polas familias para esta ocasión. 

 Son representativos dos anos 60, 70 e 80 e fan referencias ao paso do tempo nas modas e gustos. 

 O horario de apertura polas mañás é de 10.00 a 14.00, e polas tardes de 16.00 a 20.00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario