28 de mar. de 2018

A GUARDA

O Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha saída ao Courel 

Esta actividade conta con prazas limitadas e os interesados teñen que inscribirse do 2 ao 6 de abril


Infogauda / A Guarda

 A Oficina de Turismo Municipal do Concello de A Guarda fai público que este ano organízase de novo unha fin de semana no Courel despois da boa experiencia do pasado ano. Polo que o Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha nova edición na que se volverá a desfrutar da gran riqueza natural e paisaxística desta Serra luguesa. 

 As datas escollidas son os días 12 e 13 de maio e realizaranse dous percorridos pola Serra do Courel. A actividade inclúe desprazamento de ida e volta en autocar e pensión completa en aloxamento rural por un prezo estimado de 89 € por persoa. A saída será o sábado 12 ás 8.00 horas e o regreso o domingo día 13 a partir das 20 horas

 Esta actividade conta con prazas limitadas e os interesados teñen que inscribirse do 2 ao 6 de abril. Tanto para realizar estas inscricións como para consultar máis información poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario