19 de mar. de 2018

A GUARDA

O CEIP “AS SOLANAS” CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA E DA ÁRBORE


Olga Rodríguez Vicente* / A Guarda

 No noso afán de fomentar o amor pola poesía e preservar o noso entorno natural, os equipos de Educación Ambiental e Biblioteca do CEIP As Solanas “Nicolás Gutiérrez Campo” queremos fundir ámbalas dúas celebracións e render o noso peculiar tributo. Para elo levaremos a cabo polas rúas de A Guarda (Manuel Álvarez, Paseo Marítimo, Alameda e San Benito) o día 21 de marzo, o que lle demos en chamar “Poemas para levar”. Así, calquera veciña ou veciño que lle guste algúnha das nosas poesías poderá seguir disfrutándoa levándoa consigo. Tódolos poemas estarán pendurados nas árbores e arbustos das rúas mencionadas.

 Serán de temática libre, uns creados polos mesmos alumn@s e outros elexidos por eles de poetas e poetisas coñecidos e posteriormente decorados libremente.

 Decía Kahlil Gibran que “As árbores son poemas que a Terra escribe no ceo” e de todos é sabido a gran atracción que sentiron sempre polos bosques e polas árbores grandes artistas, poetas e poetisas. Por elo, invitamos a tod@s a achegarse as nosas zonas verdes e disfrutar da imaxinación dos nosos pequenos.

 “Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento, hai palabras agarimosas que quentan o corazón, hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras, hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces...que esperan ser lidas, escoitadas, levadas...A que esperas?”.
  
(*) Coordinadora Equipo Educación Ambiental do CEIP As Solanas

Ningún comentario:

Publicar un comentario