O PP DE SALCEDA AGARDA QUE O ALCALDE EXPLIQUE ÓS VECIÑOS PORQUÉ AGOCHOU OS RESULTADOS DAS ANALÍTICAS SOBRE A MALA CALIDADE DA AUGA
Davila acusa a Besada de escapar da realidade sobre a mala calidade da auga para consumo humano
Infogauda / Salceda de Caselas
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada “de demostrar absoluta irresponsabilidade nun tema tan grave como éste”.
O pasado 7 de febreiro de 2018 saliu á luz un informe recente sobre a calidade da auga do Concello de Salceda, que Santiago Davila calificou como “demoledor”, “esta analítica do abastecemento da auga de consumo humano, con data 11 de decembro de 2017 demostra que auga que beberon, cociñaron e se lavaron os salcedenses roza os límites de non potabilidade, posto que, a partir de 200ug/l de ferro, a auga comeza a ser de mala calidade, e neste caso, o documento sinala que Salceda se encontra nun valor de 510ug/l.”, manifesta Davila.
O voceiro popular denuncia que “dous meses despois, o alcalde non só agochou os resultados destas analíticas, senon que non alertou os cidadáns do perigo do seu consumo, xogando coa saúde de todos os veciños, incluso dos máis pequenos”.
“Unha vez máis - engade Davila -, o Goberno de Salceda manifesta o abandono hacia os cidadáns, e hacia o municipio, xa que se nega a colocar, como os Populares lle pedimos, unha nova mangueira de abastecemento da auga nas rúas Rafael Tilve Adrio e Coruña pese o seu deterioro, dando a coñecer unha proba máis de que o alcalde goberna de costas ós veciños.
Ante a gravidade da situación, o Grupo Municipal Popular solicita de inmediato explicacións sobre o asunto e as analíticas correspondentes aos últimos meses para verificar a potabilidade da auga para o seu consumo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario