24 de feb. de 2018

O ROSAL.

CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA  


Infogauda / O Rosal

 Vólvese abrir o prazo para a campaña de compostaxe doméstica. As persoas que desexen participar poden pasar polo Concello e solicitar o seu composteiro de forma gratuíta. 

 O composteiro permítenos obter, de forma sinxela, fertilizante natural para a nosa horta e xardín, a partir dos restos de comida e poda, xerados nas nosas vivendas. Isto permite ademais reducir a cantidade de residuos que se depositan no colector do lixo.

COMPOSTAXE E RECICLAXE NA ESCOLA DE TABAGÓN  

Alí as nenas e nenos aprenderon que é o compost, para que se utiliza e como se fai, incluso trouxeron restos de froitas, verduras, ramas e herba para poder poñer en práctica o aprendido
Foto: C. O. R.

 O Concello instalou un composteiro doméstico na Escola de Tabagón. Alí as nenas e nenos aprenderon que é o compost, para que se utiliza e como se fai, incluso trouxeron restos de froitas, verduras, ramas e herba para poder poñer en práctica o aprendido. 

 Despois de estrear o composteiro, lembramos cun pequeno xogo como se separan os envases e en que colector temos que depositar cada un. 

 Agardamos que teñan unha boa experiencia co composteiro e que continúen coa tarefa de reciclaxe nas súas casas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario