24 de feb. de 2018

SALCEDA DE CASELAS

O PP DE SALCEDA RECLAMA TALANTE DEMOCRÁTICO POR PARTE DO ALCALDE PARA OS VECIÑOS SALCEDENSES   

· Davila acusa a Besada de saltarse o regulamento do Pleno, sen importarlle a lexislación  

· A oposición (PP – PSOE), maioritaria no pleno, abandonou o mesmo ante a negativa do Alcalde de someter a votación a retirada dun punto na orde do día  

· A Sra. Secretaria Municipal, advertiulle o Alcalde a obriga que ten de someter a votación a mencionada proposta     

Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular no Concello de de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular no Concello de de Salceda de Caselas, recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada de demostrar absoluta irresponsabilidade no que respecta ó pago de provedores.  

 Onte, 23 de febreiro de 2018 tivo lugar o pleno ordinario do mes de febreiro no Concello de Salceda, o cal Santiago Rodríguez Davila calificou como “antidemocrático e totalitario, razón pola que os grupos da oposición; PP e PSOE abandonamos o pleno, porque en pleno siglo XXI non se poden tolerar actitudes políticas dictatoriais”.   

 O voceiro Popular salcedense afirma que, “o alcalde fixo caso omiso ás advertencias lexislativas da Sra. Secretaria Municipal sobre a votación de exclusión dun dos puntos da orde do día, e seguiu actuando ilícitamente, manifestando unha postura prepotente de cara ós veciños alí presentes e en xeral”.  

 Neste caso - engade o voceiro popular - estamos revivindo unha situación do ano 2015 respecto ó pago de provedores. Santiago Rodríguez Davila sinalou que  “o que se lle pediu o señor Alcalde foi que retirase unha factura do pasado ano 2017 –encontramos 268 facturas en total cuxo pago non foi efectuado no ano 2017- cun importe de 27.900 € por ‘Reparación de Muros en Pedrapinta (Picoña), a cal non ten a conformidade do técnico e con informe de intervención con reparo’, e para poder aprobar o pago ós provedores  só pedimos a retirada desa factura e pagar as outras 267, feito ó que se negou Besada, impedindo o pago de 281.100 € que suman as restantes facturas que son do ano 2015, 2016 e 2017”.  

 O Grupo Popular pide un cambio de actitude por parte do alcalde, reclamando respecto e educación hacia os veciños/as salcedenses, e mostrando exemplo, xa que está exercendo de representante do Concello”. Ademáis, como afirma Santiago Rodríguez Davila, “o Grupo Popular vai comprobar si son certas tales reparacións en eses muros, xa que o Goberno de MS non supo dicirnos a que reparacións se refire esa factura, dando cando menos, sospeitas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario