24 de feb. de 2018

A GUARDA

O BNG QUERE UNS ORZAMENTOS PARA A REVITALIZACIÓN DO TECIDO COMERCIAL E SOCIAL DENDE A MOBILIDADE

Ángel Luis Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda): “A mala xestión deste goberno fai que finalizando febreiro non teñamos os orzamentos para o 2.018”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO condiciona o apoio aos orzamentos para o 2018 á posta en marcha de medidas que axuden a revitalizar o tecido comercial, que contemplen iniciativas claras dun cambio de modelo no que as persoas estean en primeiro plano.  Así o ven de anunciar Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.

 “Así, temos marxe de manobra en canto a seguridade viaria, tanto para zonas do centro do casco urbano, como a Sangriña ou as parroquias”, sinalou o edil nacionalista.  

 Para o BNG - engade Ángel Luis Baz - estas medidas xunto con outras, xa expostas con anterioridade dende a formación nacionalista, como un cambio na xestión do lixo con alternativas como o Plan Revitaliza ou a reversión do contrato da casa dos impostos,... potenciarían un aforro para o concello que se podería investir noutras necesidades de carácter social, turístico, etc...  

 En decraracions a Infogauda, o voceiro nacionalista non dubida en afirmar: O BNG segue sen entender como xa case 2 meses consumidos, o Concello da Guarda non ten os orzamentos aprobados para o 2018 .  

 “Esta situación evidencia a falta de proxecto do alcalde da Guarda e o seu grupo de goberno. Son incapaces de plasmar nuns orzamentos un proxecto de pobo para A Guarda”, comentou Ángel Luis Baz.  

 O BNG deixa claro ao PSOE que se quere contar co apoio desta formación política terá que haber un cambio no proxecto de orzamentos presentado, conclúe Ángel Luis Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario