28 de maio de 2017

A GUARDA

A CIDADANÍA COMPARTIU CO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS A LEDICIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONMÁN FEMININO (DHF)

As xogadoras do Mecalia Atlético Guardés chegaron a vila nese ómnibus 
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Logo de conquerir o Campionato de España de Balonmán Feminino (DHF), tempada 2016/2017, o equipo Mecalia Atlético Guardés comezou súa merecida celebración intres despois de rematar o encontro na tardiña do sábado día 27 de maio, como xa informamos os lectores de Infogauda. 

 E neste domingo día 28, desde ás 18:00 horas, ás xogadoras, adestradores, corpo técnico e xunta directiva, foron recibidos na vila guardesa como hai que recibir os campions. 

 Dese xeito, partindo de San Roque, un ómnibus descoberto, trouxo ata o centro da vila, ás mozas que fixeron posible que á cidadanía de A Guarda e da súa comarca, disfrute co seu Campionato de Liga de Balonmán Feminino (DHF).

 Precedido pola Policía Local, o ómnibus coas deportistas achegouse ata á rúa Puerto Rico, onde na confluencia coa rúa José Manuel Andreini lles agardaban siareiros e veciños, onde foron recibidas con xúbilo, para a continuación acompañalas ata a Praza do Reló, onde ademáis do alcalde e membros da Corporación Municipal, estaban agardando moitas persoas. Unha grande pancarta co texto en maiúsculas Forza Atl. Guardés - Concello da Guarda, co escudo do clube, penduraba no balcón principal da Casa Consistorial.

As xogadoras do Mecalia Atlético Guardés irradiando felicidade e respostando con sorrisos a aclamación do respetable público

 As xogadoras lucían unhas blusas brancas, co logotipo do clube Balonmán Atlético Guardés e uns sombreiros de cor azul, con unha cinta de cor negra, co nome da entidade deportiva. Tamén portaban uns paraugas coas mesmas cores, e o escudo do clube.

 Como fixo acto de presenza unha choiva primeveral, moitas persoas abriron seus paraugas e mantivéronse espectantes para presenciar o desenvolvemento do evento, que comezou coa interpretación de unhas pezas, a cárrego de compoñentes da Banda de Música Agrupación Musical de a Guarda, que estaban na planta baixo da Casa do Concello. Deseguido, a Corporación Municipal, presidida polo alcalde Antonio Lomba Baz, recibiu na salón de sesións, as xogadoras, técnicos e directivos do Mecalia Atlético Guardés, onde lles foron entregados uns agasallos conmemorativos.

O alcalde de A Guarda na súa intervención

 Logo da recepción da Corporación Municipal, o alcalde de A Guarda, saiu o balcón da Casa do Concello para decir, nunha breve intervención que "(...) ogallá lles podamos devolver siquera unha cuarta parte do que elas nos deron estes días (...)". Antonio Lomba rematou decindo tres veces consecutivas, coas correspondentes pausas, entre unha e outra frase: Viva o Atlético Guardes! 

José Manuel Silva Vicente, acompañado da xunta directiva que preside, facendo uso da palabra

 Deseguido fixo uso da palabra, José Manuel Silva Vicente, o presidente do club Mecalia Atlético Guardés, quen acompañado polos membros da xunta directiva, dixo, entre outras cousas: "(...) No tengo palabras de agradecimiento para todos vosotros por el apoyo que nos habéis brindado en toda la temporada. Desde luego, a partir de ayer ya tenemos un nombre en el mapa del balonmano femenino. Es gracias a estas jugadoras y a este cuerpo técnico y a todas vosotros. Y que con vuestro apoyo hemos logrado la cota más alta que se puede alcanzar en el balonmano femenino español, que es quedar campeones de liga. 

 Debemos estar orgullosos, muy orgullosos de ser guardeses, porque aquí, a la gastronomía, y a la capital del pez espada y de la langosta, del Turismo, del Monte Santa tecla y del Camino de la Costa, ahora somos la Capital del Balonmano Femenino (...)".

 Logo das verbas do presidente, virían a intervencions do adestrador José Ignacio Prades, e das xogadoras, e mesmo de José Carlos Rodríguez Barros - o verdadeiro promotor hai medio século, do deporte do balonmán, na vila de A Guarda - que a petición de José Manuel Silva Vicente, tamén tivo a honra de subir o balcón do Concello. Foron intres moi emotivos, que foron correspondidos polos aplausos do público que seguiu o desenvolvemento do acto.

 Tamén se escoitou á lexítima reivindicación de un novo pavillón municipal para A Guarda, coa consigna: Pavillón xa!
Todo o mundo sabe que o pavillón da Sangriña non cumple os requisitos que debera cumplir, e por iso, algúns eventos terán que desenvolverse fora de A Guarda. Un bó xeito de correxir esa eiva, sería que por parte da Xunta de Galicia, se adoitasen ás medidas necesarias para solucionar esa situación.

As xogadoras aupadas o Monumento ó Mariñeiro, en presenza dunha moitedume de veciños e siaireiros do Mecalia Atlético Guardés

 Unha vez, rematada esa parte, veciños, siareiros e xogadoras, foron ata o Monumento o Mariñeiro, onde terían os correspondentes chapuzons das xogadoras, directivos, técnicos e mesmo colabouradores do clube, namentras o respectable público inmortalizaba eses intres con todo tipo de dispositivos. Non en balde, o Mecalia Atlético Guardés fixo unha tempada extraordinaria, e acadar o título de Campión da Liga 2016/2017, de Balonmán Feminino, é a mellor nova que todos podíamos agardar.

GALERÍA DE IMAXES

TRIBUNA ABERTA

O BNG quere felicitar ao Balomán Atlético Guardés pola consecución do título de liga na tempada 2016-2017   

BNG / A Guarda

 É para nós todo un orgullo ver como un club da nosa localidade chega ao máis alto, sendo un referente no balonmán paseando o nome da Guarda polo mundo adiante. Como guardeses e guardesas non podemos máis que agradecer a este conxunto de rapazas, ao equipo técnico e á súa directiva a satisfacción que nos está a dar.   

 Dende o BNG queremos amosar a importancia do deporte na nosa sociedade, sobretodo, o deporte base como elemento vertebrador e educador social.   

 Para o BNG toma maior importancia o conseguido, dado que o deporte feminino sempre está a sombra do deporte masculino, na Guarda podemos sentirnos orgullosos de ver como hoxe son a vangarda xunto a outras disciplinas deportivas que tamén trouxeron éxitos para a nosa localidade.   

 Tampouco queremos esquecernos da incansábel afección que converteu ao noso pavillón nun "Inferno" para todos os equipos que veñen xogar.  

 Parabéns e que sexa o primeiro dunha xeira de títulos que ben merecen.  

 GRAZAS CAMPIONAS!!!! 

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CULTURA

O ESCRITOR E POETA FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PRESENTOU SEU POEMARIO "ERÓTICA...(DOS). ANTOLOGÍA DE AMOR (1980-2017"

O autor estivo acompañado polo profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez

O poeta Francisco Álvarez Álvarez "Koki" - a esquerda da imaxe - e o profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Hai veces, nos que semella que se vai acabar o mundo, porque todo se concentra en determinadas datas, cando en realidade, se se quer, hai tempo para todo. Para o deporte - onte, por exemplo, vivimos o logro do Mecalia Atlético Guardés, que acadou o Campionato de España de Balonmán Feminino (DHF) - e para a cultura, e máis concretamente para a poesía. E onte tamén, pudemos asistir na Casa Cultural da Comunidade Veciñal de Montes en Mán Común de Camposancos, á presentación do poemario "Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)", da autoría de Francisco Álvarez Álvarez (Koki).

 Horarios diferentes, razóns diferentes, fixeron posible, que todos pudésemos disfroitar coa xesta deportiva do Mecalia Atlético Guardés e coa brillante oratoria do profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, e por suposto cos poemas da autoría de Álvarez - Koki, recitados por él mesmo.

Lucía Diz Martínez, na apertura do evento cultural de onte, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos

 Logo dunha breve apertura do acto, por parte de Lucía Diz Martínez, en representación da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos; Xosé Manuel Malheiro fixo unha intervención que poderíamos cualificar de óptima. Mesmo diríamos que axustada os criterios básicos do xornalismo. Foi claro, conciso e concreto. Ten moito mérito lograr condensar unha densa biografía, como a do noso escritor, poeta e xornalista Francisco Álvarez - Koki, en poucos minutos, e ao mesmo tempo, decir o importante, sobor da andaina vital como ser humán e como poeta de Koki. 

 Comezou relembrando os libros que Álvarez - Koki ten publicado, tanto en galego como en castelán, o que acredita, non soio súa capacidade poética, senón súa continuada labor creativa.

 Como experto que é, en materia de emigración, o profesor Malheiro salientou que nos emigrantes hai un compoñente determinante: o valor.  

 O valor, ou a valentía de deixar a Nosa Terra para ir a América, e alí tentar acadar os obxectivos que motivaron esa aventura. Pero sempre, como no caso de Koki, co pensamento en Galicia, para retornar o noso país, na primeira oportunidade.

 Xosé Manuel Malheiro salientou tamén a condición autodidacta de Francisco Álvarez - Koki, o que pode inducir a que algúns vexan os autores autodidactas por riba do ombreiro, cando non hai motivos para elo.

 Como oportunamente relembrou o profesor Malheiro, tamén foron autodidactas Miguel Hernández e José Saramago.

 O investigador tamén deu unhas pinceladas dos comezos laborais de Francisco Álvarez - Koki, en New York, onde inicialmente traballou na hostalaría, e onde foi procurando seus contactos con persoas como Dinio Pacio Lindín (A Pastoriza, 1934), entre outras, que tiveron que sair de España, exiliándose en New York, debido a falla de liberdades que aínda persistía en España, nos anos 70 do pasado século.

 Velaí dúas razóns diferentes para á emigración. Por unha banda, a falla de liberdades democráticas, no caso de Dino Pacio, e por outra, a motivación da procura dunha mellora económica, no caso de Francisco Álvarez - Koki.

 En New York, Álvarez - Koki, ademáis da súa labor como traballador, mantivo unha intensa actividade cultural, a traverso co Colectivo Celso Emilio Ferreiro, por él impulsado, promovendo publicacions colectivas de autores hispanos, e mesmo creando unha editorial, ademais de participar en recitais poéticos e colabourar en xornais galegos.

 Malheiro Gutiérrez salientou tamén que na labor literaria de Alvarez - Koki, hai moito de Loli, esposa do poeta, como tamén, nos logros académicos de Loli, hai moito de apoio de Koki, que o longo de uns cantos anos, namentras ela ía a universidade, Álvarez - Koki quedaba o coidado de Breogán, o fillo deles.

 Logo da gratísima intervención de Xosé Manuel Malheiro, interviu o poeta, para expór algúns pormenores da súa traxectoria literaria, sen perder de vista súa orixe, e sobor de todo, sen esquecer quen é, e a onde quer ir. 

 Álvarez - Koki tivo unhas verbas de gratitude para o profesor Dino Pacio Lindín, unha persoa, que segundo afirmou Koki, podía estar inmensamente rico, pero que optou por axudar os demáis, e iso faino grande como persoa e como intelectual.

Álvarez - Koki asinando exemplares dos seus poemarios

 O poeta guardés comentou que seu novo libro está configurado por catro épocas cronolóxicas, que se corresponden con catro libros, tres dos cales - "Poemas del verbo amar" (1981),"Para el amor pido la palabra" (1987), e "Entre tu cuerpo y mi cuerpo" (1996) - que xa publicara anteriormente, e mesmo reeditara, e un novo poemario - "Geografía de tu cuerpo" (2017), inédito ata o de agora, que incluiu en "Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)".

 Álvarez - Koki, dixo que en contra do que pudera pensarse, escreber poemas de amor non é unha actividade doada. 

 Logo dunha breve intervención, Álvarez - Koki fixo unha escolma dos catro poemarios, recitando algúns poemas de cada un deles.

  Deseguido, Malheiro convidou os asistentes a formular algunhas preguntas a Francisco Álvarez - Koki, e así foi como respondendo o que lle preguntaron algúns dos asistentes, o poeta foinos descobrendo con total transparenza algúns pormenores da súa vida, tanto no eido deportivo como na emigración, traballando en xornada partida, desprazándose de un lugar a outro para desenvolver súas tarefas laborais, e cultivando a poesía, mesmo a partires das informacions que cada día se publican nos xornais, que son, segundo afirmou, os que lle inspiran súa temática social. E puxo exemplos diso, reafirmando súa sensibilidade polos seres que sofren. 

José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos, agradecendo a Xosé Manuel Malheiro e a Francisco Álvarez - Koki súas respectivas intervencions 

 O acto poético rematou con unhas verbas de José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos, e coa sinatura de varios exemplares de obras da súa autoría ás persoas que llo solicitaron, e que Álvarez - Koki atendeu co seu habitual agarimo deica os lectores.

A GUARDA

Atlético Guardés Campión de liga!! 



 O concello da Guarda felicita ao club Mecalia Atlético Guardés de balonmán feminino por acadar o campionato de liga na división de honra nesta tempada 2016-2017. Un éxito histórico para o club e para o deporte Guardés e Galego. 

 Gracias a toda a familia do balonmán por darnos esta inmensa alegría e por facer posible un soño que compartimos con tódolos veciños e veciñas.  

 Este domingo, a partir das 18:00 h, haberá unha recepción oficial no concello da Guarda, na praza do Reló, durante o paseo que o equipo fará polas principais rúas da Vila para celebrar o campionato de liga.   

Un saúdo.  

Antonio Lomba Baz  
Alcalde da Guarda

A GUARDA

A GUARDA E SÚA COMARCA GOZAN CO ÉXITO DEPORTIVO DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS


O Monumento o Mariñeiro foi o esceario principal da celebración 
Fotos: Kina Martínez García


Infogauda / A Guarda


 O sábado día 27 de maio de 2017, xa é unha data de ouro para a Historia do Deporte, non soio de A Guarda, senón de Galicia. Unha xornada na que o equipo Mecalia Atlético Guardés, logo de unha tempada 2016-2017, que podemos considerar como magnífica, o conxunto que adestra José Ignacio Prades, logrou demostrar que cando as cousas se fan ben, teñen que acadar bos resultados. Que un equipo de unha localidade como A Guarda con algo máis de 10.000 veciños, haxa conquerido o Campionato de España da Liga de Balonmán, da División de Honra Feminina, significa que detrás desa epopeia hai moito sacrifizo. En primeiro lugar, das xogadoras, que como sempre o fixeron, renunciaron a seu espazo de confort, para fixar seus obxectivos nun so: Rematala Liga 2016-2017, co título nas súas mans.

 Hai tamén, como non pode ser doutro xeito, un magnífico traballo do adestrador e de todo o equipo técnico, e hai tamén, obviamente, unha grande labor de apoio da afección de A Guarda, Oia e O Rosal, de tal xeito, que en toda España, non ten parangón. E como non, hai unha labor da xunta directiva, presidida por José Manuel Silva Vicente, na que se marcan uns retos, e unhas lexítimas aspiracions, que o final, froito de toda esa simbiose, chegan a bo porto. 

 E no porto de A Guarda foi onde pouco despois de rematar o encontro fronte o KH7 Granollers, xogadoras, siareiros e veciños, compartiron uns fermosos intres de ledicia polo magnífico logro deportivo acadado polo Mecalia Atlético Guardés.

 A Guarda está de noraboa. Parabens a tódalas persoas que fixeron posible que o noso pobo sexa hoxe noticia en todo o ámeto deportivo español.

DEPORTES

BALONMÁN

DIVISIÓN DE HONRA FEMININA

O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS LOGRA O CAMPIONATO DE LIGA

O equipo de José Ignacio Prades venceu o KH7-Granollers por 28-20

Unha das xogadas diante da portería do Mecalia Atlético Guardés
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Guarda ten motivos dabondo para sentirse pletórica pola traxectoria das súas entidades deportivas, si ben nestes últimos cinco anos, o clube que destaca por méritos propios é o Mecalia Atlético Guardés, cuxo primeiro equipo, que milita na División de Honra Feminina, nuclea arredor de sí mesmo a unha moitedume de siareiros de tódalas edades. Non en balde, logo de lograr liderar á clasificación da DHF, a elite do balonmán feminino español, a ilusión das xogadoras, corpo técnico e xunta diectiva foise contaxiando a toda á cidadanía. De tal xeito que A Guarda exteriorizou como nunca ata agora con un equipo local, o seu sentimento de apoio a unha labor histórica de un equipo que é todo un referente dentro e fora do ámeto local para transcender a todo o territorio peninsular e insular do noso país. Por iso, este acontecemento deportivo tivo neste sábado día 27 de maio de 2017, un eco especial.

 Foi así como os siareiros comezaron a achegarse o modesto pavillón municipal da Sangriña, con máis de 90  minutos de antelación sobor do horario de comezo do encontro entre o Mecalia Atlético Guardés eo KH7 - Granollers, rexistrándose un cheo histórico, como non se coñecía atá o de agora.

 O equipo que adestra José Ignacio Prades, logo de facer unha tempada prodixiosa, con tan soio dúas derrotas (fronte o Bera Bera e o Rocasa), e 46 puntos no seu haber, tiña que pór a guinda a unha labor titánica, e abofé que o equipo respondeu como se agardaba, ainda que nos primeiros compases do encontro houbo unha certa preocupación.

 O encontro, dirixido por José Carlos Tielas e Jesús Álvarez, do colexio de Asturies, comezaría con un tanto do equipo visitante, sendo Haridian Rodríguez quen lograría o gol do empate. Logo marcaría Paulina Pérez, logrando o empate a 2-2, a guardesa Estela Doiro. A partires dese intre, o Mecalia Atlético Guardés, mantén un contínuo toma e daca, co taboleiro nivelado, ata que Paulina Pérez, logra que o KH7 Granollers se adiante no marcador, aproveitando algúns erros do equipo local, debido, sen ningunha dúbida á presión que inevitablemente impuña un encontro nestas circunstancias no que soio cabía a opción de gañar ou de empatar.

 Logo de un tempo morto solicitado por José Luis Villanueva, adestrador do KH7 Granollers, o equipo de José Ignacio Prades segue sen encontrar seu punto no parqué da Sangriña, ata que África Sempere logra o empate a 10 goles, no minuto 22. Logo sería Antía Espiñeira a que poría o Mecalia Atlético Guardés con unha ventaxe de 1 gol no marcador, situación que duraría pouco o transformar unha xogadora visitante unha falta desde á distancia de 7 metros. O marcador estaba 11-11, o que da unha idea da igualdade entre ambos equipos, si ben o Mecalia Atl. Guardés non logrou sacar proveito da inferioridade numérica que neses intres tiña o Granollers.

 Momentos despois, sería Estela Doiro quen poría un punto de inflexión o lograr o 12-11 no marcador. Desde ese intre, o Mecalia Atl. Guardés comandaría o encontro, chegándose o minuto 30 con un parcial de 15-13. 

 Foi unha primeira parte moi igualada, na que o equipo visitante semellaba que quería demostrar que non viña ata A Sangriña de paseo,  nin ía a regalarlle a victoria o Mecalia Atlético Guardés.

 Na reanudación, Mendoza, África Sempere, Rosa Álvarez e Rosario Urban, foron marcando os respectivos goles logrando unha vantaxe de 6 goles. Iso motivaría un novo tempo morto a petición do técnico visitante, pero o Mecalia Atlético Guardés foi incrementando a diferencia no marcador, con sendos goles de Estela Doiro, Africa Sempere, Alexia Kurchankova,..., si ben o Mecalia Atlético Guardés, permitiuse unha certa relaxación, pois a victoria xa estaba máis que consolidada, situación da que as xogadoras do KH7 Granollers eran conscentes.

 O encontro remataría con un elocuente resultado de 28-20, polo cal o Mecalia Atlético Guardés se proclamou campión da Liga Loterías de Balonmán, tempada 2016-2017. 

 O soño de todo un equipo humano fíxose realidade e ese foi o mellor xeito de celebrar o medio século de balonmán feminino na vila de A Guarda, un deporte que chegou o noso pobo da mán de José Carlos Rodríguez Barros.

 Ademáis da labor de todo o equipo de xogadoras, corpo técnico e xunta directiva, compre salientar que neste logro histórico do balonmán feminino, non soio de A Guarda, senón de toda Galicia, ten moito que ver o apoio da empresa patrocinadora Mecalia Energy Sistems, con factoría en A Pasaxe (Camposancos) e por suposto todalas empresas colabouradoras de A Guarda e súa contorna, e unha afección de 1ª, que o longo de toda á tempada arroupou o equipo sen regatexar esforzos.

 Como é costume, o éxito acadado merecía celebrarse, e así, xogadoras, directivos, técnicos e siareiros achegáronse ata o Momumento ó Mariñeiro para enarbolar a bandeira do clube e celebrar este histórico éxito deportivo.