28 de maio de 2017

A GUARDA

A GUARDA E SÚA COMARCA GOZAN CO ÉXITO DEPORTIVO DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS


O Monumento o Mariñeiro foi o esceario principal da celebración 
Fotos: Kina Martínez García


Infogauda / A Guarda


 O sábado día 27 de maio de 2017, xa é unha data de ouro para a Historia do Deporte, non soio de A Guarda, senón de Galicia. Unha xornada na que o equipo Mecalia Atlético Guardés, logo de unha tempada 2016-2017, que podemos considerar como magnífica, o conxunto que adestra José Ignacio Prades, logrou demostrar que cando as cousas se fan ben, teñen que acadar bos resultados. Que un equipo de unha localidade como A Guarda con algo máis de 10.000 veciños, haxa conquerido o Campionato de España da Liga de Balonmán, da División de Honra Feminina, significa que detrás desa epopeia hai moito sacrifizo. En primeiro lugar, das xogadoras, que como sempre o fixeron, renunciaron a seu espazo de confort, para fixar seus obxectivos nun so: Rematala Liga 2016-2017, co título nas súas mans.

 Hai tamén, como non pode ser doutro xeito, un magnífico traballo do adestrador e de todo o equipo técnico, e hai tamén, obviamente, unha grande labor de apoio da afección de A Guarda, Oia e O Rosal, de tal xeito, que en toda España, non ten parangón. E como non, hai unha labor da xunta directiva, presidida por José Manuel Silva Vicente, na que se marcan uns retos, e unhas lexítimas aspiracions, que o final, froito de toda esa simbiose, chegan a bo porto. 

 E no porto de A Guarda foi onde pouco despois de rematar o encontro fronte o KH7 Granollers, xogadoras, siareiros e veciños, compartiron uns fermosos intres de ledicia polo magnífico logro deportivo acadado polo Mecalia Atlético Guardés.

 A Guarda está de noraboa. Parabens a tódalas persoas que fixeron posible que o noso pobo sexa hoxe noticia en todo o ámeto deportivo español.

Ningún comentario:

Publicar un comentario