9 de dec. de 2017

DEPORTES

REMO INDOOR

DAMIÁN ALONSO ALONSO LOGRA O SEU SEXTO CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO ERGÓMETRO

O remeiro de A Guarda acadou a medalla de ouro en Ámsterdam (Holanda)

Damián Alonso Alonso - flanqueado polo segundo e o terceiro clasificado, así como como pola mascota dCampionato Europeo de Remo indoor 2018, logo de recibir súa medalla de ouro que o acredita como campíón de Europa 

Infogauda / Deportes

 Sen facer ningún ruído, mentres moitos aínda nos desperezábamos despois dunha noite de festa solidaria na Alameda da Guarda, coa Orquestra Panorama, o remeiro guardés Damián Alonso Alonso lograba este sábado día 9 de decembro de 2017, en Ámsterdam (Holanda), proclamarse campión de remo  ergómetro 2018. Se lestes ben, 2018. No Sporthallen Zuid, da capital holandesa, celebrouse hoxe o European Championship  Indoor  rowing 2018, ou o que é o mesmo, o Campionato Europeo de Remo indoor 2018.   


 Con este novo logro na súa formidable traxectoria deportiva, o "Mineiro" guardés, que participou en representación do Club Remo Miño, de Tui, triunfa na categoría 30-39 anos, peso lixeiro, na modalidade individual dos 2.000 metros e sóbese o máis alto do podio.    

 En edicións precedentes xa deixara o seu sinal de remeiro campión nos anos 2013, 2014, 2016, 2017 (2 ouros) e agora o correspondente a 2018. E no 2015 logrou medalla prata nos mesmos campionatos.      

 Como resumo deste novo éxito deportivo Damián Alonso afirmou que "(...) este ano foi o peor en canto o tempo que saiu, debido á preparación. Non fun a por tempo, senón a gañar a regata. Quédanme dous meses e medio para preparar o Campionato do Mundo en Washington. Alí non haberá escusa!" 

Ningún comentario:

Publicar un comentario