9 de nov. de 2017

TUI

O BNG PRESENTA UNHA INICIATIVA PARLAMENTAR CONTRA OS ATAQUES DA MEMORIA HISTÓRICA GALEGA
Luis Bará, deputado no BNG, Carme Núñez, portavoz municipal do BNG, e José Martínez, concelleiro do BNG
Fotos: BNG

Infogauda / Tui

 A organización nacionalista agradece a asociación "Levada Libre" e a tódalas persoas que fixeron posíbel a construcción do monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura, lugar da memoria e da loita pola democracia. 


 Asimesmo, o deputado do BNG, Luis Bará xunto coa portavoz municipal, Carme Núñez, e o concelleiro, José Martínez Tato,  condenou os ataques fascistas que sofriu o monumento hai uns dias, e, tamén todo tipo de manifestación de apoloxía do terrorismo fascista que se producen con absoluta impunidade no noso País.  

 O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego no que se  insta á Xunta de Galiza a que condene os ataques fascistas producidos no País, e a súa vez, solicitáse a creación dunha rede de lugares de memoria antifascista galega para construír unha sociedade máis democrática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario