7 de nov. de 2017

O BAIXO MIÑO

OIA, TUI E TOMIÑO CONTARÁN CON 51 NOVOS CONTEDORES DE ENVASES E PAPEL-CARTÓN PARA INCREMENTAR AS TAXAS DE RECICLAXE

· O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que varios concellos da provincia recibirán case 142.000 euros para a adquisición de preto de 550 contedores 

· Estas axudas enmárcanse dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes co fin de incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia

José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra


Infogauda / O Baixo Miño

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que tres concellos do Baixo Miño recibirán en próximas datas un total de 12.450 euros para a adquisición 51 novos contedores de envases (amarelo) e papel-cartón (azul), co fin de incrementar as súas taxas de reciclaxe no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.   

 Esta liña de actuación conta cun orzamento de 700.000 euros para a comunidade galega completando así a actual rede de colectores que xa existe, con máis de 30.000 de envases lixeiros e máis de 12.000 de papel-cartón, polo que se incrementa o parque de contedores nun 6% e un 4%, respectivamente.  

 No caso do Baixo Miño, beneficiaranse desta iniciativa os concellos de Tui, que recibirá 3.850 euros que permitirá a compra de 10 contedores amarelos e 3 azuis; o concello de Tomiño, que contará con 3.800 euros para a compra de 20 contedores amarelos, e o concello de Oia, que recibirá 4.800 euros para a compra de 15 contedores amarelos e 3 azuis.  Ademais, o delegado territorial recordou que tamén se está a traballar dende a Xunta de Galicia na promoción da cultura do reciclaxe. E neste senso, outra das medidas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra será o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalería, restauración e catering realicen unha separación de envases en orixe.     

 O fomento da reciclaxe tamén se levará a aqueles lugares nos que hai que ser máis coidadosos: os parques naturais. Promoverase a colocación, ou se substituirá aquela que se atope deteriorada, de carteis e distintivos como é o caso do Monte Aloia. Unha iniciativa que comezará de xeito inmediato, en novembro, e que será realizada por unha empresa de inserción social.  

 Cores Tourís recordou que “Galicia está dando pasos avanzados e importantes para implantar dun xeito real e efectivo a economía circular, que terá unha cita decisiva a finais de novembro coa celebración do Congreso de Economía Circular dirixido ao sector empresarial”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario