11 de nov. de 2017

A GUARDA

O BNG denuncia o incumprimento plenario dos puntos de información social por parte do PSOE  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no concello guardés): “A instalación de espazos de información social foi unha das emendas do BNG ao novo regulamento do lixo que o PSOE rexeitou”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

  O BNG considera que o PSOE actúa con cinismo cando aproba unha ordenanza de lixo onde prohibe a colocación de carteis informativos na rúa, sen aportar ningunha alternativa, e esa mesma formación política chega a pegar carteis en lugares públicos do concello. Así o ven de denunciar Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, en decraracions a este xornal dixital.

 Ángel Luis Baz relembra que “o BNG segue a reclamar o cumprimento dun acordo plenario para a colocación de espazos de información onde o traballo político e social guardés teña maior visibilidade, algo que semella preocupar substancialmente ao grupo municipal socialista que por outra banda non dubida en incumprir o seu propio regulamento.  

 “Cunha actitude cargada de soberbia, o grupo municipal socialista amosa estar por enriba da lei e evidencia a súa falta de transparencia e rigor político, tentando ocultar unha elevada actividade social e política que ás claras incomoda ao goberno local”, afirma o portavoz do BNG no concello de A Guarda.  

 “Imos a seguir denunciando as carencias dunha ordenanza que o propio goberno é o primeiro en incumprir. Máxime, cando se rexeitaron emendas quedando ás claras a necesidade das mesmas, ou pola intolerancia por parte do goberno do PSOE a un novo modelo de xestión do lixo proposto polo BNG máis ecolóxico e viábel para a Guarda”, conclúe Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario