11 de nov. de 2017

A GUARDA

CONCERTO DE SANTA ICÍA

Sábado día 25 de novembro de 2017, ás 20:30 h., na igrexa parroquial de A Guarda



Infogauda / A Guarda

 Dúas entidades culturais - o Grupo de Acordeons Mascarenhas e a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda - celebrarán de xeito conxunto á festividade de santa Icía, patroa dos músicos. E farano con un concerto que - a falla de un auditorio municipal con aforo suficiente para este tipo de eventos - terá lugar, unha vez máis, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda.

 O evento musical, organizado pola Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboura da igrexa parroquial de A Guarda e do Concello de A Guarda,  será o sábado día 25 de novembro, ás 20:30 h. 

A GUARDA DEMANDA UN MULTIUSOS


Vista parcial dos inmobles que forman parte do antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde
Foto: Infogauda

 Con ese concerto na honra da patroa dos músicos, quedará novamente de manifesto á carencia que arrastra o municipio guardés, de unha infraestructura cultural que palie a desaparición do Cine-Teatro Avenida, de A Guarda, que fora inaugurado en 1943 -  que logo da súa derradeira remodelación contaba con 404 butacas - e que pechou en marzo de 2005, desaparecendo como tal en pouco tempo, para ser substituído por un edificio de vivendas, prazas de garaxe,... Desde aquela nada se fixo, alomenos que mereza a pena reseñar,  para resarcir á cidadanía de A Guarda desa orfandade. 

 Desde Infogauda coidamos que á espera xa é dabondo. Mesmo diríamos que é excesiva. 

 A dotación de un multiusos que poida acoller concertos como o de Santa Icía, ou outros eventos semellantes que se celebran o longo do ano, debera ser unha das prioridades municipais. E para iso, coidamos que á ruta a seguer debera comezar por un acordo plenario municipal unánime reinvindicando a devandita infraestrutura cultural diante do goberno da Xunta de Galicia o tempo que se oferte á superficie necesaria para súa ubicación, un anteproxecto da obra e mesmo unha proposta de financiamento, se procede.

 Ainda que desde Infogauda xa propuxemos o lugar que consideramos máis axeitado, coidamos que non está de máis, que o relembremos: o antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde.  

 Trátase de un solar céntrico e ben comunicado - rúa Puerto Rico, rúa Manuel Rodríguez Sinde e rúa San Bernardo -, e accesible, que ademais - o igoal que ás antigas vivendas dos mestres - é de plena titularidade municipal.

 Para o financiamento dese necesario multiusos pódese recorrer a un plan de un ou dous cuatrienios, con recursos propios do Concello - a todas luces insuficientes, máis por algo haberá que comezar -, e doutras administracions - Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia,... - e mesmo de entidades sociais.

 Esa é, en síntese, a nosa proposta. Correspóndelles os representantes públicos mover ficha. E coidamos que tempo xa tiveron para elo. Urxe pois, poñerse ao choio e tentar recuperar o tempo perdido. A Guarda non debe continuar con esa vergoñenta privación de un multiusos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario