Defender a clase traballadora non é delito!
Nova mobilización a prol do indulto a Carlos e Serafín este xoves en Vigo
Infogauda / Vigo
As rúas de Vigo acollen este xoves 19 de outubro unha nova mostra de solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nunha folga. As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha concentración diante do MARCO ás 20:00 horas para reclamarlle ao Goberno español que lles conceda un indulto que evite a súa entrada en prisión. Porque defender a clase traballadora non é delito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario