18 de out. de 2017

A GUARDA

A exposición “Proxecto táctil” inaugúrase este xoves 

Poderá visitarse no Centro Cultural ata o 3 de novembro de 2017




Infogauda / A Guarda

 Este xoves, 19 de outubro, inaugurarase no Centro Cultural da Guarda a exposición “Proxecto táctil”, composta de obras contemporáneas realizadas por alumnos/as e ex alumnos/as da facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo).

 A mostra componse dunha ducia de creacións concibidas para poder tocarse e manipularse, de xeito que o público se poña na pel das persoas cegas e experimente a exposición.
  
 Acudirán ao acto de inauguración, que dará comezo ás 12 horas, o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal Fariña.

 “Proxecto táctil” é unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Uvigo e a ONCE.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario