22 de ago. de 2017

VIGO

PRIVATIZACIÓN DAS LONXAS NO PORTO DE VIGO 


Infogauda / Vigo

 A nova da privatización das lonxas de peixe colleu por sorpresa ó Comité de Empresa da Autoridade Portuaria que non lle atopa sentido ás intencións do Sr. López Veiga e ve moitas incongruencias nas xustificacións que esgrime o mandatario da APV. 

 En primeiro lugar, o Presidente do Comité de Empresa e voceiro da C.IG manifesta que non lle saen as contas das supostas pérdidas que o Sr. Veiga afirma que xeneran as lonxas do peixe do Porto Pesqueiro. En relación os gastos de mantemento producidos resulta canto menos curioso que tendo personal de mantemento propio capacitado para o desempeño da meirande parte dos traballos de conservación e mantemento necesarios nas lonxas, a Autoridade Portuaria se gaste cerca do millón e medio de euros anuais na contrata dunha empresa externa de mantemento (342.000 euros de presuposto máis 215.000 euros para otras cousas non previstas no prego de condicións) e doutra empresa de limpeza (800.000 euros que se adxudicarán este mércores 23 de Agosto). Cabe decir que o control do mantemento que realiza a empresa adxudicataria viuse moi afectado  pola política aplicada pola APV de non cubrir as baixas do personal dedicado a dita supervisión nin as xubilacións acaecidas nestes últimos anos, polo que dende a C.I.G teñen claro que o estado de abandono das instalacións do Porto Pesqueiro non teñen outro culpable máis que ós propios dirixentes da Autoridade Portuaria e agora, tralo anuncio do Sr. López Veiga da privatización das mesmas, están empezando a pensar que dita deixadez foi premeditada para intentar ter unha xustificación de cara á privatización. 

 O que lle resulta tremendamente paradóxico ó presidente do Comité de Empresa é que López Veiga se queixe do excesivo  gasto en mantemento e que sin embargo afirme que o que se leve a xestión da Lonxa se atopará cunhas instalación totalmente renovadas e modernizadas, pois deixa entrever unha gran inversión, que non fará máis que ampliar o gasto e agravar as “supostas” perdas. 

 O Presidente da Autoridade Portuaria facía tamén mención ó gasto en vixilancia e dende a C.I.G. son rotundos á hora de recordarlle ó Sr. Veiga que a vixilancia da Lonxa é cousa da Policía Portuaria e que non existe personal algún mellor formado e capacitado para o desenrolo desa labor e que, como mal menor, en caso de levarse a cabo esa privatización o gasto en vixilancia non descenderá, pois ningún Policía Portuario vai ser despedido e o único que vai conseguir e recolocar ós Policías noutros servicios que últimamente estanse a ver mermados e perxudicados pola política de austeridade aplicada no seo da APV. Ademáis advirten do descontento que se está a xerar no seo da Policía Portuaria que se sinte moi desprestixiada por parte do Sr. López Veiga. 

 Xa para finalizar, Diego González Domínguez (C.I.G), presidente do Comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo laméntase da actitude caciquista do Sr. Veiga que fai e desfai ó seu antollo sen dialogar nin consultar coas partes implicadas: “O Sr. López Veiga encarouse cos estibadores, cos inspectores do P.I.F e agora cos vendedores de peixe sen dialogar nin negociar con ninguna das partes afectadas e  non se da conta de que , a pesar do que se cree, leva soamente dous anos aquí e non sabe como funciona o Porto de Vigo. Estáse a cargar unha maquinaria ben engrasada e vai deixar ó Porto de Vigo (que xa se está a resentir coa perda de tráficos e as nefastas inversión que estánse a realizar) nunha situación irreversible.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario