23 de ago. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

CCOO chama a mobilizarse contra o último crime machista en Galicia 

A Plataforma Feminista Galega, da que forma parte CCOO, convoca concentracións para este mércores, día 23 de agosto, ás 20:00 horas


Infogauda / Galicia

 A Plataforma Feminista Galega, da que forma parte CCOO, convoca concentracións para este mércores, día 23 de agosto, ás 20:00 horas, contra o último crime machista cometido no noso país. Esta vez ocorreu na Coruña, onde unha muller de 73 anos foi asasinada polo seu xenro, quen posteriormente secuestrou a súa filla de 21 meses. Con este último asasinato xa son 63 as vítimas da violencia machista no que levamos de 2017, 56 mulleres e sete menores.

 As concentracións terán lugar nas seguintes localidades, todas elas ás 20:00 horas:  

— Santiago de Compostela, praza 8 de Marzo 
— Pontevedra, Audiencia Provincial 
— Marín, diante do Concello 
— Bertamiráns, praza da Maía 
— A Coruña, Obelisco
— Ourense, Castiñeira 
— Vigo, MARCO  

 CCOO e o movemento feminista lamentan a falta de recursos para combater a violencia machista. O sindicato únese ás voces que esixen a creación de xulgados galegos especializados e que as prazas sexan cubertas en período de vacacións, porque «a violencia machista non colle vacacións».  

 Ademais, o feminismo galego reclama que os centros de información ás mulleres (CIM) conten cos recursos requiridos por decreto para garantir o seu correcto funcionamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario