26 de xul. de 2017

PONTEVEDRA

O SERVIZO DE MOBILIDADE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONTARÁ CON COGAMI PARA ASESORARSE EN MATERIA DE ACCESIBILIDADE 

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou hoxe un proxecto para conectar, con criterios de sustentabilidade e seguranza viaria, a sede de Cogamino Rebullón (Mos) cunha área verde pública 

Uxío Benítez, deputado de Mobilidade presidiu o encontro de hoxe con representantes da Confederación Galega de Personas con Discapacidad
Fotos: D.P.

Infogauda / Pontevedra

“A accesibilidade universal é un obxectivo primordial do Departamento de Mobilidade da Deputación, por iso queremos poñer en marcha unha liña de colaboración constante con Cogami e contar co seu asesoramento e experiencia”. Así o manifestou hoxe o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen tamén anunciou, logo dun encontro con representantes da Confederación Galega de Personas con Discapacidad, a próxima celebración dunha Mesa provincial pola Accesibilidade e tamén unha obra de mellora da mobilidade peonil no contorno do centro de recursos que Cogami ten no concello de Mos. 

 Segundo explicou Benítez na reunión, o departamento de Mobilidade da Deputación quixo dende a súa chegada ao goberno cambiar os obxectivos e beneficiarios dos recursos da Deputación. “Queriamos dar un xiro para priorizar ás persoas, sobre todo ás máis vulnerables: aquelas que teñen mobilidade reducida ou outra discapacidade, aos nenas e nenas e aos maiores. Deixar atrás as actuacións que tiñan como obxectivo único o vehículo privado”. 

  Neste sentido, o deputado nacionalista lembrou que a Deputación aprobou un decálogo de criterios de actuación nas vías provinciais que marcou a filosofía a seguir, sempre apostando por cumplir os parámetros da accesibilidade universal. Como exemplo, indicou que a Deputación esixe que o ancho mínimo para calquera itinerario peonil de 2,5 metros en lugar do 1,80 que marca a vixente normativa de accesibilidade. “No día día hai dúbidas ou diferencias de criterio, por iso é importante establecer unha colaboración constante –con Cogami- para facer que os proxectos, iniciativas e actuacións sexan o máis exitosos posible nesteeido”, salientou.  

 Pola súa parte, o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, agradeceu á Deputación e ao deputado de Mobilidade a convocatoria para falar de actuacións en materia de accesibilidade universal, xa que manifestou “é un tema que nos preocupa”. Queiruga manifestou que a accesibilidade no deseño dos espazos non é un tema específico só para persoas con discapacidade, senón que é unha cuestión que afecta á sociedade no seu conxunto, xa que calquera persoa pode sufrir problemas de mobilidade transitorios ou unha intervención puntual que lle fagan precisar certas condicións de accesibilidade. “Non se pode tolerar que unha administración pública con diñeiro dos cidadáns fagaa ctuacións que non sexan de utilidade para a sociedade no seu conxunto. Por iso é de felicitar que se teña en conta a experiencia de Cogami e o seu departamento técnico”, indicou Queiruga, quen subliñou que a día de hoxe moitos concellos non teñen en conta as necesidades mínimas de accesibilidade: “os cantos das aceras non están matados, non se acaba en cota cero, séguense a facer aceras en lugar de plataformas únicas. A accesibilidade debe ir integrada no deseño, non supoñer pegotes a maiores”, subliñou Queiruga.  

 Neste sentido, Benítez destacou que a Deputación tamén atopa certas reticencias á hora de aplicar criterios de accesibilidade nos concellos, que seguen a primar os espazos para os vehículos –aparcamentos-fronte á creación de itinerarios accesibles. Por este motivo, o nacionalista solicitou máis implicación por parte de todas as administración e fixo un chamamento concreto aos gobernos locais para que deseñenos proxectos de xeito accesible por “vontade política” e non só por obrigación de cumprir coa normativa.  

Mesa provincial de accesibilidade 

Uxío Benítez tamén explicou que a Deputación pretende fomentar a participación de colectivos con mobilidade reducida nas políticas provinciais de infraestruturas, polo que vai poñer en marcha unha Mesa provincial pola accesibilidade na que estarán representantes de asociacións e entidades que poderán expresar ideas e problemáticas. “Queremos que a mesa sexa un foro de debate no que se tiren conclusións de como se deben desenvolver os espazos públicos, proxectos, iniciativas e obras. Estamos a definir o ámbito da mesa para que sexa un foro de participación no que se poidan tirar conclusións positivas”, indicou. 
No encontro de hoxe estiveron presentes o presidente de Cogami e de COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica), Anxo Queiruga Vila; o presidente Asociación Amizade, Paulo Fontán; o secretario da Federación Cogami Pontevedra,  Celso Álvarez; e os técnicos de accesibilidade Luísa Miranda Ferreira e Diego Piñeiro Pérez. 

 Por outra parte, Benítez confirmou que a Deputación realizará obras de mellora para fomentar a mobilidade peonil e a accesibilidade nun treito da estrada provincial na que está o centro de Cogami en Mos (EP-2605Rebullón – CUVI). Este proxecto, que supera os 80.000 euros de orzamento e será licitado en breve, consistirá na creación dun itinerario de 300 metros que conectará o centro de recursos cunha parada de autobús que tamén dá servizo ao Centro de Saúde de Mos, ademais de con outros equipamentos como o Centro Cultural As Pedriñas e áreas de ocio e zonas verdes de titularidade da comunidade de montes. 

 “En Mos temo sun centro de recursos condificultades de acceso e seguranza viaria para persoas con problemas de mobilidade e para calquera que transite por ese espazo, polo que para nós é moi importante esta actuación. Agradecemos o acollemento e a boa disposición para solucionar o problema por parte do deputado”, subliñou Queiruga. 

 No encontro de hoxe estiveron presentes o presidente de Cogami e de COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica), Anxo Queiruga Vila; o presidente Asociación Amizade, Paulo Fontán; o secretario da Federación Cogami Pontevedra,  Celso Álvarez; e os técnicos de accesibilidade Luísa Miranda Ferreira e Diego Piñeiro Pérez. Por parte da Deputación asistiron, ademais do deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o asesor Jesús Fole, o director Daniel Romay, o xefe de servizo Francisco Alonso e a técnico de proxectos de Mobilidade Noemí Romero, así como a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario