17 de xul. de 2017

O ROSAL

A CIG do Baixo Miño reelixe por unanimidade a Serafín Fernández Portela como secretario da Unión Local 

Tamén se aprobou o Informe de Xestión e renovouse a Executiva co 100% dos votos a favor

Composición da nova Executiva da Unión Local da CIG do Baixo Miño. De esq. a der.: Natalia Lomba, Javier Vicente, Serafín de la Fuente, Serafín Fernández, Olga Orduña, Sergio Guiomar e Adelino Rivero.
Fotos: CIG

Infogauda / O Rosal

 A CIG do Baixo Miño reelexiu o pasado venres a Serafín Fernández Portela como secretario da Unión Local por unanimidade na III Asemblea celebrada no Rosal. No encontro, no que participaron 37 delegados/as, tamén se aprobou o Informe de Xestión e se renovou a Executiva como 100% dos votos a favor.

Serafín Fernández, reelexido como secretario da Unión Local da CIG do Baixo Miño

 A III Asemblea da Unión Local da CIG do Baixo Miño reelixiu como secretario a Serafín Fernández con 36 votos a favor dos 36 emitidos, mentres que o Informe de Xestión, que resume a actividade do sindicato na comarca nos últimos catro anos, e a nova Executiva foron ratificados con 37 votos favorábeis dos 37 emitidos.  

Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG de Vigo

 O secretario comarcal da CIG de Vigo foi o encargado de pechar un encontro que tivo lugar no Restaurante Juan do Rosal a partir das 19.00 horas e no que participaron 37 delegados/as. Alberto Gonçalves salientou que a celebración da III Asemblea marca a consolidación da CIG no Baixo Miño e fixo fincapé na importancia de que a central se atope presente en todos os conflitos laborais.  

Serafín Fernández, no decurso nunha das súas intervencións na III Asemblea da Unión Local da CIG do Baixo Miño

 Pola súa banda, o secretario da Unión Local repasou a principal actividade do sindicato nestes últimos catro anos, con especial mención ao conflito aberto no centro educativo San Xerome Emiliani da Guarda. Ademais, destacou o incremento da afiliación nun 7% e “o bo traballo feito pola asesoría xurídica”. O acto pechouse coa interpretación do Himno galego.  

Vista parcial dos asistentes á asemblea 
Compoñentes da nova Executiva da Unión Local da CIG do Baixo Miño

 Composición da nova Executiva: 

 Serafín Fernández, Natalia Lomba, Olga Orduña, Adelino Rivero, Javier Vicente, Serafín de la Fuente e Sergio Guiomar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario