3 de xul. de 2017

A GUARDA

A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA PECHA SÚA XXVII EDICIÓN CON SABOR Á ÉXITO

María do Ceo púxolle broche de ouro da festa  

Os artistas Bruxo Queiman e Andrea Pousa, rendéronlle honras a langosta, en presenza do alcalde de A Guarda Antonio Lomba Baz
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A tradicional celebración gastronómica da Guarda chegou o seu fin o pasado domingo coa actuación da fadista María do Ceo, tras dous días de celebración intensa e un éxito de afluencia que superou as previsións dos establecementos participantes.

 Dous pregoeiros para lembrar  

 O inicio da festa tivo lugar a tardiña do venres co nomeamento por parte do alcalde da vila, Antonio Lomba, dos seus pregoeiros: o actor vigués Bruxo Queiman e a cantante e actriz tomiñesa Andrea Pousa, “dous artistas que levan no sangue a cultura atlántica”, destacou o rexedor. 

 O pregón estivo marcado por un conxunto de sons e letras evocadoras das lendas, a historia e as características propias da Guarda. Así, mentres Queiman emocionaba ó público cun sentido reclamo ó mar da Guarda e a súa tradición castrexa, Pousa acompañou coa interpretación de cancións tradicionais (Camariñas e Romeiro ó lonxe) e outras adaptadas ó discurso, como temas dos coñecidos filmes Braveheart e Gladiator.

 Os artistas pontevedreses agradeceron ó Concello o apoio dado e a oportunidade de ser convidados de honra na súa festa máis importante. “É un orgullo ser pregoeiro da terra dun”, recoñecía a cantante tomiñesa, que conta cunha vivenda na Guarda, polo que esta é a súa “segunda casa”.
  
Andrea Pousa na súa actuación na carpa da Festa da Langosta
Bruxo Queiman e Milson´s tamén actuaron na carpa da festa

 Pasadas as 22:00 horas, a celebración continuou na carpa instalada no Porto onde, xa cos establecementos gastronómicos en funcionamiento e os primeiros comensais nas mesas, Andrea Pousa interpretou Lela e Romeiro ó lonxe antes de dar paso ó espectáculo-concerto Milson’s, no que gaitas e outros instrumentos da tradición musical galega conviviron coa guitarra eléctrica e o teclado no escenario. De novo, a temática mariñeira foi a protagonista, con cancións tradicionais e outras de elaboración propia, que amenizaron a noite ós máis de 200 asistentes.

 Respecto dos pregoeiros, o alcalde recalcou que a elección de Pousa e Queiman “foi todo un acerto”, do que deron conta as numerosas felicitacións por parte dos asistentes. “Fieis aos seu estilo, fixeron disfrutar ó numeroso público dun pregón moi emotivo e ben documentado que tocou a fibra sensible de todas aquelas persoas con vínculos afectivos coa Guarda e a súa historia pesqueira”, dixo o rexedor.  

Milleiros de comensais réndense ante a cociña mariñeira  
 A celebración adicada ó crustáceo mariño rei na Guarda vivíu este sábado o seu día grande, con preto de 5.000 comensais que pudieron degustar até 24 pratos elaborados con produtos do noso mar. Un éxito que continuou o domingo xa dende primeira hora do mediodía, cando as 400 prazas da carpa xa se atopaban cheas de visitantes, procedentes principalmente das provincias de Pontevedra e Ourense e do norte de Portugal, desfrutando da gastronomía guardesa.  


 Os establecementos hosteleiros colaboradores (restaurantes Casa Olga, O Cangrexal e Xeito) serviron máis de 200 quilos de langosta, 500 racións de pulpo e 160 quilos de percebes.  

As familias de A Guarda e visitantes, déronlle animación o evento gastronómico

 Tiveron moita demanda, tamén, pratos como a paella, con preto de 350 racións servidas até o domingo; as tapas de mexillóns, das que se serviron 300 racións, e as croquetas de langosta, con algo máis de 150 racións servidas. A estes datos cabe engadir ó éxito das empanadas elaboradas con produtos do mar, das que se serviron máis de 600 racións, e as 170 racións de zamburiñas e 130 de navallas que saíron das cociñas dos establecementos da festa.   

 Tanto a Pastelería Montserrat como a Adega Gran Novás, que se estrearon nesta edición como establecementos participantes, aseguran estar “moi satisfeitos” co éxito da celebración, que xa no seu primeiro día superou as súas expectativas de venta. Entre os productos de confitería máis demandados atópase a tradicional rosca de xema, ademáis da tarta de Santa Trega, un postre de frutos secos con lámina de milfollas especialmente elaborado para esta festa.  

 A Adega Señorío da Torre, do Rosal, pola súa parte, esgotou xa durante o sábado as cantidades de viño coas que contaba para afrontar os tres días de festa, tendo repoñer os produtos, de xeito que a súa experiencia nesta celebración non podería ser máis positiva. Destacan a boa acollida do seu Albariño Gran Novás entre os visitantes, que recoñeceron a boa maridaxe entre o caldo rosaleiro e os produtos mariñeiros.  

María do Ceo como broche de ouro da festa  
 A programación cultural foi da man das actuacións do grupo tradicional O Trebón dos Xidos, que percorreu as rúas guardesas até chegar a carpa e dar así comezo as xornadas de degustación o sábado e o domingo, seguido da actuación do grupo de pop-rock da vila Songodin’s. As tardes estiveron amenizadas pola actuación da Tropa do Doutor Milagre, o humorista Gossip Bufón e o espectáculo de maxia de Popín Palomero, dirixido ós máis pequenos.  


Maria do Ceo actuou acompañada polos seus músicos José e Álex Salgado

 A vixésimo sétima edición da Festa da Langosta chegou o seu fin, tras tres días de intensa celebración, coa Noite de Fado, con María do Ceo, que acompañada polos músicos José e Álex Salgado, ofreceu un concerto na carpa da esplanada do Portiño Novo ás 20:30 horas. A relevancia da artista portuguesa, que é todo un referente na interpretación e composición do fado tradicional, fíxose evidente no interior da carpa, onde centeares de admiradores da fadista desfrutaron do concerto, composto por cancións - como "Fado Norte", "Uma casa portuguesa", "Fado das horas", "A Chuva",... - que forman parte do seu amplo repertorio i en concreto do seu recente traballo "De Portugal a Galicia". 


María do Ceo en plena actuación, diante de unha formidable audiencia


 Tamén interpretou coa súa peculiar voz, algúns temas emblemáticos da literatura e da música galega como "Lela", de Castelao, ou "Teño saudade de ti", de Andrés do Barro, coas que o público acompañou a María Do Ceo) que se completaron con outras cantigas - como "María la portuguesa", de Carlos Cano; "Habemos de ir á Viana",..., entre outras, do repertorio luso-galaico propio da artista ou de compositores como Armando González López, entre outros. 

NOVA RELACIONADA

Ningún comentario:

Publicar un comentario