3 de xul. de 2017

A GUARDA

Un centenar de nenas e nenos participan nas escolas de balonmán, fútbol e baloncesto do Campus Deportivo  

O alcalde Antonio Lomba Baz no pavillón municipal de A Sangriña,  dirixíndose os 112 nenos que desde hoxe participan no Campus Deportido do Concello de A Guarda
Fotos: C.A.G.


Infogauda  / A Guarda

 As actividades do Campus Deportivo do Concello da Guarda arrincaron esta mañá con 112 nenas e nenos de entre 5 e 15 anos, inscritos nalgunha das tres modalidades de deporte ofertadas: balonmán, fútbol e baloncesto, organizadas polo concello en colaboración cos clubes locais e o grupo madrileño de actividades extraescolares Guajes. 

Monitoras e participantes na escola de balonmán

 O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, recibiron o pasado sábado ós participantes no pavillón da Sangriña, nun acto de benvida no que os rapaces coñeceron ós seus monitores e puideron recoller a equipación propia de cada grupo. 

Participantes na escola de baloncesto

 As actividades levaránse ó cabo, principalmente, nas instalacións do Pavillón Municipal, o Estadio de fútbol e as pistas exteriores do colexio e o instituto da Sangriña. 

Monitores e participantes na escola de fútbol

 Ademáis das propiamente deportivas, entre as 9:30 e as 13:30 horas de cada mañá, as rapazas e rapaces realizarán outras actividades, como leccións e prácticas de primeiros auxilios e educación viaria, así como xogos acuáticos na Piscina Municipal. 

 Os venres serán días de programación especial, con actividades conxuntas. Así, este 7 de xullo as nenas e nenos visitarán a Fortaleza de Santa Cruz, onde realizarán talleres orientados ó coñemento da cultura e o patrimonio local. 

 Xa no derradeiro venres, o 14 de xullo, terá lugar o acto de de despedida, coa celebración dunha festa da espuma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario